SOM ENERGIA SCCL é unha Sociedade Cooperativa de persoas consumidoras e usuarias, sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro de Cooperativas de Catalunya e suxeita aos principios e disposicións da Lei 12/2015, de 9 de xullo, de cooperativas, cuxo obxecto social principal é a comercialización e produción de enerxía eléctrica e calorífica proveniente de fontes renovables.

SOM ENERGIA SCCL atópase inscrita no rexistro de comercializadoras de enerxía eléctrica co código R2-415.

Ten o seu domicilio social en C/ Pic de Peguera, 11, 17003 – Girona, sendo a súa web corporativa www.somenergia.coop.

1. OBXECTO

1.1 O O obxecto do presente contrato (o «Contrato ou Contrato de Subministración») é a contratación en mercado libre pola persoa identificada nas Condicións Particulares (en adiante, a Contratante) con SOM ENERGIA SCCL da subministración de enerxía eléctrica no punto de subministración identificado polo seu código CUPS (en adiante, Punto de Subministración) indicado pola Contratante nas Condicións Particulares. A devandita contratación realízase de acordo co que prevén as Condicións Particulares, así como as presentes Condicións Xerais e, no seu caso, as Condicións Específicas de aplicación a aqueles produtos ou servizos adicionais solicitados pola Contratante, integrando todos estes documentos o Contrato de Subministración. A eficacia do presente Contrato, así como a potencia e tarifa indicadas pola Contratante no formulario de contratación previsto na cláusula 2, quedan suxeitas á aprobación por parte da empresa distribuidora titular da rede.

En concreto, en virtude do presente Contrato de Subministración, a Contratante:

  1. Acepta de xeito expreso a contratación conxunta da adquisición de enerxía eléctrica e o acceso á rede de distribución a través de SOM ENERGIA SCCL, aceptando que esta lle facture ambos conceptos.
  2. Autoriza e faculta a SOM ENERGIA SCCL para que actúe en tanto que mandatario ante a compañía distribuidora titular da rede á que se conecta a Contratante, a CNMC ou calquera outro terceiro ou organismo competente en todas aquelas xestións que sexan necesarias para dar cumprimento ao presente Contrato de Subministración.

1.2 Sen prexuízo do mandato recollido no parágrafo anterior, a Contratante seguirá sendo a titular do contrato de acceso á rede, mantendo fronte á distribuidora titular da mesma todos os dereitos e deberes legais e contractuais que se deriven do mesmo. En caso de resolución do presente Contrato, a Contratante seguirá a ser titular do depósito de garantía que poida existir.

1.3 De conformidade co previsto nos Estatutos de SOM ENERGIA SCCL e as decisións adoptadas polos seus órganos cooperativos, é requisito esencial para a subscrición do presente Contrato de Subministración ou ben (i) ser socia/o de SOM ENERGIA SCCL, (ii) que a devandita subscrición sexa apoiada por unha persoa ou entidade socia, que deberá identificarse no formulario de contratación, ou ben (iii) que a subscrición se produza no marco dunha das campañas ou convenios de intercooperación ou doutro tipo aprobadas polos órganos cooperativos pertinentes.

1.4 O Contrato de Subministración ten carácter persoal, así, a Contratante, (ou a entidade que representa) manifesta e garante que (i) en caso de ser persoa física, é maior de idade, (ii) é a usuaria efectiva da enerxía eléctrica subministrada, sen que poida cedela ou vendela a terceiras persoas, nin utilizala noutro lugar para fins distintos dos establecidos no presente Contrato, (iii) dispón dun xusto título sobre a vivenda ou local (contrato de arrendamento, escritura de propiedade ou otro) relacionado co punto de subministración e / ou CUPS de referencia do cal é usuaria efectiva, (iv) cando sexa aplicábel, dispón dos poderes ou autorización suficientes para actuar en nome da persoa xurídica ou entidade que representa (incluídas comunidades de propietarios, empresas, asociacións, administracións públicas, etc.), e (v) asume toda a responsabilidade relacionada coa veracidade dos datos achegados comprometéndose a achegar a documentación acreditativa cando se lle requira. En todo caso, a persoa xurídica ou entidade titular do contrato de subministración continuará a ser a responsábel, a efectos legais, ante Som Energia para calquera cambio na xestión ou incumprimento das condicións contractuais.

1.5 O incumprimento ou falta de veracidade desta obriga poderá ser considerada causa de resolución do presente Contrato por parte de SOM ENERGIA SCCL. A Contratante declara que todos os datos persoais proporcionados a SOM ENERGIA SCCL son veraces e comprométese expresamente a mantelos actualizados. A Contratante deberá asegurarse especialmente de que tanto os enderezos facilitados a efectos de notificacións como o CUPS son correctos, pois SOM ENERGIA SCCL non ten xeito de comprobar a súa veracidade. En caso de que a Contratante facilitase a SOM ENERGIA SCCL un enderezo ou CUPS erróneo, será a Contratante a única responsable dos danos que esta situación poida xerar, incluíndo os derivados da modificación involuntaria da subministración contratada por terceiros.

2. GARANTÍAS DE ORIXE Suba ao índice ↑

2.1 Por electricidade 100% renovable entenderase o feito de que SOM ENERGIA SCCL se compromete a adquirir as garantías de orixe necesarias que acrediten que a mesma cantidade de megavatios-hora comercializados anualmente foron xerados a partir de fontes de enerxías renovables. Polo tanto, terase inxectado na rede tanta electricidade, proveniente de instalacións produtoras de electricidade de orixe renovable, nunha cantidade equivalente ao consumo eléctrico da Contratante.

2.2 Instalacións produtoras de electricidade de orixe renovable son aquelas que obteñen a súa enerxía de fontes naturais virtualmente inesgotables.

2.3 O procedemento formal que SOM ENERGIA SCCL utilizará para certificar a electricidade serán os certificados de garantía de orixe emitidos pola CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia).

2.4 O balance entre enerxía producida e enerxía consumida realizarase anualmente.

3. FORMALIZACIÓN E DURACIÓN Suba ao índice ↑

3.1 Por expresa decisión de ambas partes, o presente Contrato celébrase electronicamente mediante o formulario de contratación de enerxía habilitado na sede electrónica da Comercializadora www.somenergia.coop, e enténdese perfeccionado coa aceptación por parte da Contratante, expresada mediante o proceso e formulario de alta que foi cuberto pola Contratante, incluíndo a elección de tarifa, potencia contratada, CUPS e datos identificativos. Esta información inclúese automaticamente nas Condicións Particulares.

3.2 A Contratante manifesta e garante que todos os datos incluídos no citado formulario de contratación son correctos e veraces. Unha vez validado, SOM ENERGIA SCCL remitirá á Contratante unha copia do Contrato de Subministración (integrado polas Condicións Particulares, as presentes Condicións Xerais e, no seu caso, as Condicións Específicas) vía correo electrónico. Igualmente, unha copia dos devanditos documentos estará a disposición da Contratante de xeito permanente na súa «Oficina Virtual», á que poderá acceder coas súas claves a través da páxina en Internet de SOM ENERGIA SCCL.

3.3 O presente Contrato entrará en vigor no momento da súa validación e a súa duración é dun (1) ano a partir do inicio da subministración á Contratante, a non ser que se teña pactado un termo inferior nas Condicións Particulares. O Contrato prorrogarase automaticamente por termos anuais se ningunha parte comunica á outra a súa vontade de resolvelo de acordo co previsto nestas Condicións Xerais.

3.4 SOM ENERGIA, SCCL notificará á Contratante a data efectiva de inicio de subministración. No caso de que a empresa distribuidora denegase a alta do Punto de Subministración ou ben os cambios no contrato de acceso á rede necesarios para facer efectivo o presente Contrato, o mesmo quedará resolto automaticamente sen dereito a indemnización por ningunha das Partes.

3.5 A Contratante non está obrigada a unha permanencia mínima, de xeito que poderá resolver o presente Contrato en calquera momento comunicando a súa vontade a SOM ENERGIA, SCCL por escrito, mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo info@somenergia.coop ou a través da Oficina Virtual (en caso de que se queira solicitar a baixa do punto de subministración).

3.6 SOM ENERGIA SCCL poderá resolver unilateralmente o presente Contrato en calquera momento comunicándoo á Contratante cun preaviso de trinta (30) días naturais de anticipación, sen prexuízo do previsto na cláusula 12.

3.7 Non obstante o anterior, a vixencia do presente Contrato queda condicionada á verificación da solvencia da Contratante de conformidade coa lexislación vixente. A estes efectos, SOM ENERGIA SCCL disporá de vinte (20) días hábiles a partir da celebración deste Contrato para verificar a solvencia da Contratante. En caso de que sexa requirido por SOM ENERGIA SCCL, este poderá condicionar a entrada en vigor do presente acordo á prestación dunha garantía suficiente en forma de depósito ou aval bancario cuxa contía non superará o importe estimado de consumo eléctrico durante tres (3) meses. Transcorrido o mencionado prazo sen que SOM ENERGIA SCCL teña notificado á Contratante a necesidade de prestar esta garantía, considerarase que o Contrato adquiriu plena eficacia entre as Partes.

3.8. Durante a vixencia do presente Contrato de Subministración, SOM ENERGIA, SCCL poderá solicitar á Contratante a prestación dunha garantía de pagamento suficiente en forma de depósito. A contía da garantía será a equivalente ao importe da última factura xerada. En caso de non dispor de ningunha factura, estimarase o consumo mensual segundo a potencia contratada. Esta garantía será executable a partir do primeiro requirimento da Comercializadora en caso de incumprimento por parte da Contratante das obrigas de acordo co presente Contrato de Subministración, en particular as obrigas de pagamento do prezo.

O pagamento desta garantía efectuarase mediante domiciliación bancaria. SOM ENERGIA, SCCL xirará o cargo transcorridos como mínimo sete (7) días desde a notificación á Contratante. A falta de pagamento desta garantía será causa de resolución do presente Contrato de Subministración, que se comunicará cun preaviso de trinta (30) días naturais de antelación.

Unha vez finalizado o presente Contrato de Subministración, SOM ENERGIA, SCCL devolverá á Contratante a garantía recibida dentro do prazo comprendido entre os sesenta (60) días contados desde a domiciliación da última factura, e mediante transferencia á conta bancaria indicada. SOM ENERGIA, SCCL resérvase a facultade de retela polo importe de todos aqueles pagamentos non satisfeitos, así como as cantidades resultantes de calquera outro incumprimento por parte da Contratante.

4. EQUIPO DE MEDIDA E CONTROL Suba ao índice ↑

4.1 A Contratante deberá dispor no Punto de Subministración dun equipo de control e medida da subministración de electricidade («Equipo de Medida e Control»), ben en propiedade ou ben en aluguer, que terá que cumprir cos requisitos técnicos e de seguridade esixidos pola regulación vixente. A Contratante será a responsable da custodia, uso correcto e non manipulación do Equipo de Medida e Control, así como do seu mantemento en caso de ser propietaria do mesmo.

4.2 A Contratante comprométese a non manipular o Equipo de Medida e Control, e a informar a SOM ENERGIA SCCL e/ou á empresa distribuidora no caso de que se detectase un funcionamento anormal do Equipo de Medida e Control ou incidencias no mesmo.

4.3 No caso de que a Contratante dispoña dun Equipo de Medida e Control de aluguer, o réxime, así como o prezo do mesmo, serán os establecidos pola empresa distribuidora en cumprimento da normativa vixente.

4.4 A Contratante garantirá o acceso ao Equipo de Medida e Control a SOM ENERGIA SCCL, ao encargado de lectura e á empresa distribuidora propietaria do mesmo, co fin de levar a cabo a instalación, inspección, lectura, mantemento, verificación e control, así como outras actuacións que resulten necesarias para a consecución do Contrato de Subministración.

4.5 No marco da disposición adicional primeira da Orde ITC3860/2007, na que se establece o plan de substitución dos equipos de medida para incluír funcións de telemedida e discriminación horaria, SOM ENERGIA SCCL velará na medida do posible pola súa correcta implantación. Do mesmo xeito, SOM ENERGIA, SCCL emprenderá as medidas que considere oportunas para garantir un bo servizo á Contratante.

4.6 En relación cos datos de consumo, a Contratante autoriza a SOM ENERGIA SCCL a envialos de forma anonimizada a todas aquelas partes que sexa preciso para poder prestar os servizos obxecto do presente Contrato, así como aquelas entidades coas que SOM ENERGIA SCCL teña relación a fin de ofrecer consellos personalizados de uso á Contratante, ou desenvolver ferramentas ou estudos no marco do cambio de modelo enerxético participado cara a eficiencia e as renovables.

5. PREZO E ACTUALIZACIÓN Suba ao índice ↑

5.1 A Contratante deberá satisfacer a SOM ENERGIA SCCL o prezo da subministración de electricidade aplicable en función da tarifa elixida pola Contratante no momento da contratación e recollida nas Condicións Particulares, incluíndo os impostos aplicables ao tipo vixente en cada momento, así como todas aquelas prestacións patrimoniais e/ou outras legalmente esixibles. Do mesmo xeito, se a Contratante o solicita no formulario de contratación, ou a posteriori a través da Oficina Virtual, engadirase ao importe anterior o correspondente á doazón voluntaria para axudar ao desenvolvemento da cooperativa.

5.2 SOM ENERGIA SCCL traspasará á Contratante, na mesma factura emitida pola subministración de electricidade, o importe correspondente no seu caso ao aluguer dos equipos de medida, así como as cantidades que conforme coa normativa aplicable correspondan á compañía distribuidora, entre outras as peaxes de acceso e cargas do sistema, os dereitos de enganche, dereitos de acceso, dereitos de extensión, verificacións, custos de reposición, penalizacións establecidas na normativa e o depósito de garantía.

5.3 O prezo a aboar pola Contratante poderá variar durante a vixencia do presente Contrato nos seguintes casos:

  1. En caso de modificación de calquera dos valores regulados ou prestacións patrimoniais fixadas pola Administración, ou ben dos prezos regulamentarios a aplicar pola empresa distribuidora. Estes cambios serán de aplicación automática ao Contrato de Subministración, sen que isto poida considerarse unha modificación do Contrato, segundo se establece na cláusula 9.
  2. A parte do prezo non regulada pola Administración será actualizada como mínimo anualmente polo Consello Reitor no marco das decisións adoptadas pola Asemblea de SOM ENERGIA SCCL. Estas modificacións serán comunicadas á Contratante cunha anticipación de trinta (30) días naturais á aplicación da modificación e, en caso de que supoñan una diminución do prezo, a Contratante poderá resolver o Contrato comunicándoo a SOM ENERGIA SCCL por calquera dos medios establecidos no presente Contrato no prazo de quince (15) días naturais seguintes á devandita comunicación. En caso de non resolver o Contrato nese prazo, a modificación entenderase como aceptada pola Contratante.

A información actualizada sobre o prezo e tarifas aplicables estarán ao dispor da Contratante na web corporativa de SOM ENERGIA SCCL (www.somenergia.coop), así como no Contrato subscrito e vixente en cada momento.

5.4 Calquera custo derivado de actuacións no Equipo de Medida e Control ou nas instalacións da Contratante serán asumidos exclusivamente por esta ou pola empresa distribuidora conforme estableza a normativa vixente.

5.5 En caso de mal funcionamento dos equipos de medida ou erro administrativo estarase ao previsto no artigo 96 do Real Decreto 1955/2000 ou normativa que o substitúa.

6. AUTORIZACIÓN DE ACCESO Á REDE Á COMERCIALIZADORA Suba ao índice ↑

6.1 A Contratante autoriza e faculta a SOM ENERGIA SCCL para que, durante a vixencia do presente Contrato, subscriba no seu nome e representación o contrato de acceso á rede coa compañía distribuidora correspondente nos termos previstos nas presentes Condicións Xerais e a normativa vixente.

6.2 Coa validación do presente Contrato, e sen prexuízo do seu dereito ao cambio de subministrador de enerxía eléctrica sen penalización algunha, a Contratante comprométese, durante a vixencia do mesmo, a non rescindir, facer novación ou modificar de calquera xeito o contrato de acceso á rede de distribución formalizado no seu nome. O incumprimento desta obriga dará dereito a SOM ENERGIA SCCL a resolver o Contrato conforme ao que se dispón na cláusula 12.

6.3 SOM ENERGIA SCCL pode modificar o contrato de acceso á rede unicamente cando sexa necesario para garantir o cumprimento da lexislación vixente. Tamén pode facelo para verificar e, se procede, axustar e corrixir os termos formulados polo cliente na súa solicitude, aínda que só cando sexa estritamente necesario para evitar o rexeitamento desta solicitude do cliente por parte da distribuidora. Estes cambios comunicaranse ao cliente como moi tarde no momento da activación do contrato ou modificación solicitada polo cliente. En calquera caso, o cliente pode resolver o contrato en calquera momento, de acordo coa cláusula 3.5 destas Condicións Xerais. SOM ENERGIA, SCCL repercutirá na factura da Contratante os custos facturados pola empresa distribuidora como consecuencia destes cambios. A Contratante continuará en todo caso mantendo ante a empresa distribuidora todos os dereitos relativos ao contrato de acceso, e seguirá sendo a titular do depósito de garantía que poida haber.

6.4. En caso de que a Contratante dispoña de instalacións de autoconsumo, ambas Partes rexeranse polas disposicións establecidas nesa normativa, podendo igualmente formalizar o contrato de acceso entre a Contratante e a empresa distribuidora a través de SOM ENERGIA SCCL.

6.5 A Contratante poderá solicitar á Comercializadora que tramite ante a empresa distribuidora a resolución do contrato de acceso á rede, de xeito que se dará de baixa o Punto de Subministración, para lo cual dispón dun formulario na súa Oficina Virtual. Esta baixa non é inmediata, xa que a distribuidora dispón dun prazo establecido por normativa para levala a cabo, e en todo caso require que a Contratante garanta o acceso por parte da empresa distribuidora ao equipo de medida. A Comercializadora en ningún caso pode garantir o día exacto en que será efectiva a baixa, polo que a Contratante deberá aboar a subministración até a data de baixa efectiva da subministración (sen prexuízo das reclamacións que puidesen corresponderlle fronte á empresa distribuidora).

7. FACTURACIÓN E PAGAMENTO Suba ao índice ↑

7.1 A Comercializadora procurará facturar semanalmente á Contratante en períodos mensuais (aínda que, excepcionalmente, poderá facturas semanais, que serán regularizadas mensualmente e que en ningún caso suporán unha facturación por adiantado) polos conceptos de subministración de electricidade e acceso á rede de distribución, así como o resto de conceptos recollidos nas presentes Condicións Xerais, sempre que sexa factible de acordo coa información xerada polo encargado de lectura e de conformidade coa forma e periodicidade establecida pola normativa vixente.

7.2 SOM ENERGIA, SCCL facturará o importe para aboar en concepto de consumo de electricidade con base nas lecturas efectuadas polo encargado da lectura en cumprimento da regulación aplicable. No caso de que na data de facturación o encargado de lectura non facilitara a SOM ENERGIA, SCCL a lectura real do Equipo de Medida e Control, a Contratante autoriza expresamente a SOM ENERGIA, SCCL, se o considera oportuno, a facturar unha cantidade estimada, calculada sexa sobre a base do consumo informado polo encargado de lectura a través das curvas horarias provisionais, ou ben a partir do consumo diario resultante dos consumos históricos da Contratante (ata un máximo de catorce (14) meses). Unha vez SOM ENERGIA, SCCL dispoña das lecturas reais de consumos, procederase a realizar o correspondente axuste nas seguintes facturas.

7.3 A Contratante pode enviar o encargado de lectura e/uo a SOM ENERGIA, SCCL a lectura que faga do equipo de medida e control, e autoriza expresamente a SOM ENERGIA, SCCL, se o considera necesario, a facturar a subministración de acordo con esta lectura e acepta calquera regularización posterior que sexa necesaria en caso de erro. SOM ENERGIA, SCCL resérvase o dereito a rexeitar esta autolectura a efectos de facturación en caso de que xa dispoña de lecturas proporcionadas polo encargado de lectura ou cando sexa incoherente coas últimas lecturas reais enviadas por este, a pesar de que a enviará ao encargado de lectura para o seu tratamento e validación.

7.4 A factura emitida por SOM ENERGIA SCCL desagregará todos os conceptos establecidos legalmente, en particular o custo da enerxía, as peaxes de acceso á rede e cargos que correspondan, tanto os tributos que graven o consumo de electricidade, como os suplementos territoriais cando correspondan. Igualmente, proporcionará información á Contratante sobre a orixe da enerxía subministrada conforme ao previsto na cláusula 2.

7.5 A Contratante acepta expresamente, aos efectos do disposto na normativa vixente en materia de protección das persoas consumidoras e sen prexuízo dos dereitos que conforme a ela a asisten, que a factura sexa emitida de forma electrónica e lle sexa remitida vía correo electrónico.

7.6 Pagamento. O pagamento das facturas efectuarase mediante domiciliación bancaria á conta designada a estes efectos pola Contratante no formulario de contratación, que consta nas Condicións Particulares, e deberá poder facerse efectivo a partir dos sete (7) días posteriores á data da factura. A Contratante declara e garante ter realizado os trámites necesarios ante a entidade bancaria, co obxectivo de que as presentes condicións de pagamento sexan efectivas durante o período íntegro de vixencia do presente Contrato. No caso de que a Contratante sexa unha administración pública ou unha persoa xurídica con tarifa personalizada, o pagamento poderá efectuarse mediante transferencia bancaria se así o solicita a Contratante, que se compromete a facelo efectivo nos sete (7) días posteriores á data da factura.

7.7 A Contratante autoriza a SOM ENERGIA SCCL a facer o necesario para cargar a factura na conta bancaria designada nas Condicións Particulares. En caso de devolución do pagamento dunha factura, SOM ENERGIA SCCL trasladará á Contratante os gastos bancarios e custos administrativos xerados pola devolución e a posterior reclamación da débeda impagada, sen poder superar en ningún caso a contía impagada.

7.8 Demora no pagamento. En caso de demora no pagamento de facturas, SOM ENERGIA SCCL poderá aplicar, sen necesidade de ningún requirimento, un xuro de demora igual ao xuro legal de demora vixente no momento de producirse o impagamento, así como os gastos de xestión correspondentes.

7.9 O xuro de demora acumularase diariamente, liquidarase e deberá ser aboado na data na que se realice o pagamento da factura non pagada, podendo capitalizarse mensualmente os xuros de demora acumulados e non satisfeitos. Do mesmo xeito, e sen prexuízo do previsto nas cláusulas 11 e 12 do presente Contrato, o impagamento da Contratante das cantidades pendentes no seu vencemento facultará a SOM ENERGIA SCCL a comunicar este extremo aos servizos de información sobre solvencia patrimonial e de crédito de acordo coa normativa aplicable a tal efecto.

8. AUTOCONSUMO Suba ao índice ↑

8.1 Alta do autoconsumo.

A Contratante cuxo punto de subministración estea asociado a unha instalación produtora que segundo normativa vixente poida acollerse a algunha das modalidades de autoconsumo poderá modificar o seu contrato con SOM ENERGIA, SCCL ou formalizar un novo Contrato, a fin de adaptalo á devandita modalidade de autoconsumo. A Contratante é a responsable da correcta instalación, legalización e mantemento da instalación de autoconsumo. Segundo o tipo de instalación e a lexislación aplicable, a información técnica da instalación será remitida a SOM ENERGIA, SCCL ben pola empresa distribuidora ben pola Contratante. En caso de que a distribuidora informe a SOM ENERGIA, SCCL de algunha modificación, SOM ENERGIA, SCCL informará á Contratante para que esta verifique a corrección dos datos achegados; se a Contratante non responde no prazo establecido pola distribuidora, entenderase que os datos son correctos.

As condicións xerais aplicables ao autoconsumo estarán dispoñibles en cada momento na súa web www.somenergia.coop. En base a estas condicións, a Contratante solicitará a modificación ou alta do Contrato para incluír ou modificar a modalidade de autoconsumo desexada a través dos formularios dispoñibles na súa web www.somenergia.coop ou, en caso de non estar eventualmente dispoñibles, a través de correo electrónico. A devandita solicitude implica a aceptación automática das condicións ofertadas por SOM ENERGIA, SCCL como, por exemplo, o prezo de compensación de excedentes ou a modalidade de autoconsumo aplicable. Estas condicións quedarán reflectidas no Contrato que recibirá no momento da contratación (en concreto, nas Condicións Particulares).

Ata que a Contratante solicite a alta ou modificación conforme o parágrafo anterior, SOM ENERGIA, SCCL non poderá tramitar a activación do autoconsumo e, polo tanto, non será responsábel dos custos ou danos, incluíndo lucro cesante, que se puidesen xerar. Porén, naqueles casos nos que sexa a empresa distribuidora a que comunique a SOM ENERGIA, SCCL que existe un autoconsumo, a Comercializadora informará á Contratante a devandita circunstancia especificando a data a partir da cal, segundo a normativa vixente en cada momento, a modificación do Contrato se entenderá tacitamente aceptada pola Contratante.

En caso de que SOM ENERGIA, SCCL considere que as modificacións ou peticións da Contratante non van poder ser satisfeitas ou poden ocasionar prexuízos a SOM ENERGIA, SCCL, informará á Contratante da devandita circunstancia. SOM ENERGIA SCCL non activará o autoconsumo solicitado e poderá resolver o contrato de subministración, cun preaviso de dez (10) días, aceptando expresamente a Contratante pasar a ser subministrada pola comercializadora de referencia correspondente.

8.2 Activación do autoconsumo.

A data de aplicación efectiva da modalidade de autoconsumo á que se acolleu a Contratante será a que comunique a empresa distribuidora conforme o previsto no art. 9.3 do Real Decreto 244/2019 ou normativa que, no seu caso, o substitúa.

8.3 A efectos da responsabilidade a respecto das empresas titulares da rede á que se conecta tanto a instalación de consumo como, no seu caso, produción, e sen prexuízo do previsto na cláusula 13, a Contratante declara coñecer:

  1. Nas modalidades de subministración con autoconsumo con excedentes, cando as instalacións de produción próximas e asociadas ao consumo compartan infraestruturas de conexión á rede de transporte ou distribución ou se conecten na rede interior dun consumidor, os consumidores e produtores responderán solidariamente polo incumprimento dos preceptos recollidos no Real Decreto 244/2019 ou normativa que o substitúa, aceptando as consecuencias que a desconexión do citado punto, en aplicación da normativa vixente, puidese implicar para calquera das partes, entre elas, a imposibilidade do produtor de venda de enerxía e a percepción da retribución que lle tería correspondido ou a imposibilidade do consumidor de adquirir enerxía.
  2. En relación coas incidencias provocadas na rede de transporte ou distribución polas instalacións acollidas a algunha das modalidades de autoconsumo estarase ao disposto na Lei 24/2013, de 26 de decembro, e na súa normativa de desenvolvemento e, en particular, ao recollido no Real Decreto 1699/2011, de 18 de novembro, polo que se regula a conexión á rede de instalacións de produción de enerxía eléctrica de pequena potencia, para instalacións incluídas no seu ámbito de aplicación e no Real Decreto 1955/2000, de 1 de decembro. A empresa distribuidora, ou no seu caso a empresa transportista, non terá ningunha obriga legal relativa á calidade de servizo polas incidencias derivadas de fallos nas instalacións de conexión compartidas polo produtor e o consumidor.

8.4 Obrigas específicas das Partes:

  1. De conformidade co previsto no artigo 8 do Real Decreto 244/2019, ou normativa que no seu caso o substitúa:
    – Para acollerse a calquera das modalidades de autoconsumo ou, en caso de estar xa acollido a unha modalidade de autoconsumo regulada, cando se modifique a potencia instalada da instalación de xeración, a Contratante titular do contrato de acceso para as súas instalacións de consumo deberá comunicar esta circunstancia á empresa distribuidora ou, no seu caso, empresa transportista, directamente ou a través da empresa comercializadora. A empresa distribuidora ou, no seu caso, a empresa transportista, disporá dun prazo de dez (10) días desde a recepción da devandita comunicación para modificar o correspondente contrato de acceso existente, de acordo coa normativa de aplicación, para recoller este feito e para a súa remisión ao consumidor. O consumidor disporá dun prazo de dez (10) días desde a súa recepción para notificar á empresa transportista ou distribuidora calquera disconformidade. En caso de non facerse esta notificación entenderanse tacitamente aceptadas as condicións recollidas nese contrato.
    – No caso de suxeitos consumidores conectados a baixa tensión, nos que a instalación xeradora sexa de baixa tensión e a potencia instalada de xeración sexa menor de 100 kW, a modificación do contrato de acceso será realizada pola empresa distribuidora a partir da documentación remitida polas Comunidades Autónomas, o prazo de envío do contrato modificado por parte da empresa titular da rede será de cinco (5) días.
  2. Para acollerse a calquera das modalidades de autoconsumo, os consumidores que non dispoñan de contrato de acceso para as súas instalacións de consumo deberán subscribir un contrato de acceso coa empresa distribuidora directamente ou a través da empresa comercializadora, recollendo esta circunstancia.
  3. Nas modalidades de autoconsumo con excedentes non acollidas a compensación ás que resultase necesario realizar un contrato de subministración para servizos auxiliares de produción, o titular de cada instalación de produción próxima e asociada ás de consumo deberá subscribir un contrato de acceso coa empresa distribuidora para os seus servizos auxiliares de produción directamente ou a través da empresa comercializadora, ou modificar o existente, de acordo coa normativa de aplicación, para recoller esta circunstancia. A data de alta ou modificación do contrato de acceso do consumidor e, no seu caso, dos servizos auxiliares de produción, deberá ser a mesma. O previsto nesta cláusula é sen prexuízo de aqueles supostos en que, segundo a normativa aplicable, o contrato de subministración debe ser único para os servizos auxiliares de produción e para o consumo asociado.
  4. O tempo de permanencia na modalidade de autoconsumo escollida será, como mínimo, de catro (4) meses desde a data de alta ou modificación do contrato ou contratos de acceso celebrados de acordo co previsto nas seccións anteriores, prorrogable automaticamente, sen prexuízo do previsto na Disposición Transitoria Primeira do Real Decreto 244/2019 para aqueles autoconsumos existentes con anterioridade á súa entrada en vigor.
  5. De conformidade co previsto no artigo 10 do Real Decreto 244/2019, ou normativa que no seu caso o substitúa, os suxeitos acollidos a calquera das modalidades de autoconsumo disporán dos equipos de medida necesarios para a correcta facturación dos prezos, tarifas, cargos, peaxes de acceso e outros custos e servizos do sistema que lles resulten de aplicación conforme á normativa aplicable en cada momento. O encargado de lectura aplicará, no seu caso, os correspondentes coeficientes de perdas establecidos na normativa.
  6. Cando por incumprimento de requisitos técnicos existan instalacións perigosas ou cando se teña manipulado o equipo de medida ou o mecanismo antivertedura, a empresa distribuidora ou, no seu caso, a empresa transportista, poderá proceder á interrupción da subministración, conforme o previsto no artigo 87 do Real Decreto 1955/2000, de 1 de decembro.

8.5 Compensación simplificada.

En caso de estar acollido ao mecanismo de compensación simplificada, SOM ENERGIA SCCL recollerá nas súas facturas esa compensación conforme a información facilitada pola compañía distribuidora conforme o previsto no Real Decreto 244/2019 e demais normativa aplicable a esta modalidade de autoconsumo. En particular, SOM ENERGIA SCCL facturará a enerxía consumida da rede en períodos de facturación dun (1) mes en base ás lecturas e demais información remitida pola distribuidora conforme os arts. 13 e 14 do Real Decreto 244/2019, aplicando o prezo de compensación que se recolle nas Condicións Particulares.

O prezo de compensación pactado será actualizado, como mínimo, anualmente polo Consello Reitor no marco das decisións adoptadas pola Asemblea de SOM ENERGIA SCCL. Estas modificacións serán comunicadas á Contratante conforme a cláusula 16 cunha antelación de trinta (30) días naturais á aplicación da modificación e, en caso de que supoñan un incremento do prezo, a Contratante poderá resolver o Contrato comunicándoo a SOM ENERGIA SCCL por calquera dos medios establecidos no presente Contrato no prazo de quince (15) días naturais seguintes a esa comunicación. En caso de non resolver o Contrato nese prazo, a modificación entenderase aceptada pola Contratante.

A información actualizada sobre o prezo e tarifas aplicables estará a disposición da Contratante na web corporativa de SOM ENERGIA SCCL (www.somenergia.coop).

A compensación simplificada consiste nunha compensación económica da que non poderá resultar un ingreso a favor da Contratante, ou mecanismo equivalente segundo resulte da lexislación aplicable en cada momento. A compensación aplicarase unicamente ao termo de enerxía consumida, e non afectará a outros custos a incluír na factura.

En caso de que a Contratante opte pola modalidade de autoconsumo con excedentes acollida a compensación simplificada, e naqueles casos en que sexa necesario contratar a subministración para servicios auxiliares, a normativa aplicable esixe a existencia dun único contrato de subministración.

8.6 SOM ENERGIA, SCCL aplicará un desconto nas facturas emitidas á Contratante en relación cos seus contratos con autoconsumo acollidos a compensación simplificada. Este desconto, denominado Flux Solar, será de aplicación a partir da seguinte factura a aquela na que non fora posíbel compensar todo o valor económico dos excedentes da instalación conforme a cláusula 8.5 anterior. O desconto será igual ao 80 % do valor dos excedentes informados polo encargado de lectura e que non fora posíbel compensar. Cada unidade de desconto denominarase “Sol” e a Contratante poderá consultar o seu saldo dispoñíbel directamente na súa Oficina Virtual a partir do día seguinte á emisión da factura onde constan os excedentes.

O devandito saldo será aplicado por SOM ENERGIA SCCL a partir da factura seguinte a aquela na que consten os excedentes xerados, sen exceder nunca o valor da factura. Este desconto aplicarase sobre os importes facturados por enerxía e potencia utilizada (non asociada a anomalía ou fraude), bono social, alugamento de contador e imposto da electricidade. Cando o saldo de Sols exceda o devandito importe, SOM ENERGIA SCCL aplicará a diferenza en facturas posteriores, ata transcurrido un prazo de CINCO (5) ANOS desde a data da factura onde consta a súa emisión, da na que caducarán os Sols que non puideran aplicarse.

SOM ENERGIA SCCL poderá modificar as condicións deste descuento en calquera momento, comunicándoo á Contratante cun preaviso de trinta (30) días naturais de antelación, sen prexuízo do importe de Sols pendentes de aplicación, que se manterán nos termos previstos nestas Condicións Xerais.

9. MODIFICACIÓN Suba ao índice ↑

9.1 As Partes están obrigadas ao cumprimento das obrigas reflectidas no Contrato conforme aos termos recollidos nel.

9.2 Sen prexuízo do anterior, o presente Contrato poderá ser modificado por SOM ENERGIA SCCL por decisión do seu Consello Reitor ou da Asemblea de socias/os. Toda modificación será debidamente comunicada á Contratante de conformidade co previsto na presente cláusula, e poderán ser motivadas a fin de cumprir coa normativa do mercado eléctrico, así como para a fixación de criterios sobre os valores que a cooperativa desexa transmitir.

9.3 Igualmente, SOM ENERGIA SCCL poderá modificar o Contrato en caso de que demostre que, por alteracións dos mercados de electricidade ou calquera outra circunstancia, o cumprimento das prestacións contractuais resulta excesivamente oneroso.

9.4 Estas modificacións serán comunicadas á Contratante cunha antelación de trinta (30) días naturais á aplicación da modificación e, en caso de que supoñan un incremento do prezo, a Contratante poderá resolver o Contrato comunicándoo a SOM ENERGIA SCCL por calquera dos medios establecidos no presente Contrato no prazo de quince (15) días naturais seguintes a esa comunicación. En caso de non resolver o Contrato nese prazo, a modificación entenderase aceptada pola Contratante.

9.5 A Contratante poderá solicitar a SOM ENERGIA, SCCL a modificación do seu Contrato a través dos formularios establecidos a tal efecto na súa web. En caso de que a modificación solicitada afecte o contrato de acceso á rede, formalizado entre a Contratante e a empresa distribuidora propietaria da devandita rede, SOM ENERGIA, SCCL realizará os seus mellores esforzos para que a distribuidora tramite e active a devandita modificación. En caso de que a Contratante solicitara unha modificación da tarifa contratada con SOM ENERGIA, SCCL, a Contratante non poderá realizar ningunha outra solicitude até que o cambio de tarifa se active (no seguinte ciclo de facturación). Non será posíbel solicitar unha modificación de tarifa até que se active calquera solicitude realizada previamente que afecte ao contrato de acceso á rede e que aínda non fora sido activada por parte da empresa distribuidora.

10. TRASPASO Suba ao índice ↑

10.1 Sempre que a Contratante estea ao corrente do pagamento, poderase traspasar o seu contrato de acceso á rede a unha terceira persoa que vaia realizar un uso da instalación da Contratante nas mesmas condicións pactadas nese contrato. Para iso, a nova persoa contratante solicitará a SOM ENERGIA SCCL o cambio de titularidade a través dos mecanismos previstos na páxina web www.somenergia.coop, e indicará os seus datos persoais, enderezo, CIF e datos de domiciliación bancaria. Unha vez aceptado, SOM ENERGIA SCCL xestionará o cambio ante a empresa distribuidora, quedando condicionada a efectividade do traspaso á regularización do contrato de acceso, sen prexuízo da aplicación do disposto no apartado 3.4, sobre a verificación da solvencia do cesionario por parte de SOM ENERGIA SCCL.

10.2 En todo caso, é necesario que a nova persoa titular do Punto de Subministración cumpra os requisitos de contratación contemplados nas presentes Condicións Xerais, en particular, ser socia de SOM ENERGIA SCCL ou contar co respaldo dunha persoa que sexa socia. A nova persoa titular non se subrogará no saldo de Sols asociados ao titular anterior do punto de subministración.

11. SUSPENSIÓN Suba ao índice ↑

11.1 Suspensión por impagamento. SOM ENERGIA SCCL poderá esixir á empresa distribuidora que suspenda a subministración eléctrica en caso de impagamento por parte da Contratante transcorridos quince (15) días hábiles desde o requirimento de pagamento ou unha vez transcorridos os prazos legalmente establecidos segundo o tipo de persoa consumidora de que se trate desde que fose requirido formalmente o pagamento e sen que ese pagamento se teña feito efectivo. A suspensión da subministración por impagamento non eximirá a Contratante de aboar a cantidade que se deba, incluíndo os xuros e recargas que poidan corresponder. Neste suposto, SOM ENERGIA SCCL procederá a solicitar á empresa distribuidora a reconexión da subministración no día hábil seguinte a aquel no que se fagan efectivos todos os pagamentos debidos, incluíndo os gastos derivados da suspensión e eventual reconexión da subministración. De conformidade coa normativa vixente, e nos termos nela establecidos, a empresa distribuidora será a única responsable da reconexión da subministración.

11.2 Outras causas de suspensión. SOM ENERGIA SCCL poderá solicitar á empresa distribuidora a suspensión de subministración eléctrica nos seguintes supostos:

  1. Dereitos de conexión directa sen contrato previo.
  2. Derivacións por subministración de enerxía a unha instalación non prevista no Contrato.
  3. Manipulación do Equipo de Medida e Control ou prevención do seu correcto funcionamento.
  4. Non dispoñibilidade da rede transporte e/ou distribución.
  5. Forza maior ou razóns de seguridade ou realización de tarefas de mantemento, reparación, substitución ou ampliación das instalacións de transporte ou distribución.
  6. Existencia de risco para persoas e bens.
  7. Deficiente conservación das instalacións da Contratante, cando isto supoña un perigo para a seguridade das persoas ou bens.
  8. Imposibilidade por parte da empresa distribuidora de instalar o equipo de control de potencia.
  9. Resolución do Contrato.
  10. Todos aqueles casos previstos pola normativa vixente.

11.3 Comunicación da Suspensión. SOM ENERGIA SCCL comunicará á Contratante a suspensión da subministración de acordo cos prazos e procedementos establecidos na lexislación vixente, agás nos supostos d), e), f) e g) anteriores, nos que a suspensión da subministración poderá levarse a cabo cando ocorran os mesmos.

11.4 Reposición da Subministración. A subministración non se restaurará ata que se teña resolto a situación motivo da suspensión e se teña satisfeito, por parte da Contratante, a totalidade da cantidade pendente de pagamento, así como a totalidade de xuros acumulados ata a data, así como os importes que correspondan en concepto de desconexión e reconexión da subministración. SOM ENERGIA SCCL poderá esixir á Contratante a presentación dunha garantía en forma de fianza e aval bancario como condición para a reposición da subministración, que se reembolsará tras a finalización do Contrato. Esta garantía poderá ser dun valor equivalente á facturación de tres (3) meses naturais a prezos da tarifa obxecto de contratación. As condicións de execución e devolución desta garantía establécense na cláusula 3.8.

11.5 O previsto na presente cláusula establécese sen prexuízo do dereito de SOM ENERGIA SCCL de resolver o presente Contrato conforme á cláusula 12 nin das especialidades previstas para as subministracións esenciais conforme á normativa vixente.

11.6 Alternativamente a ordenar a suspensión da subministración, SOM ENERGIA SCCL poderá, en caso de incumprimento do presente contrato por parte da Contratante, e se así o estima oportuno dadas as circunstancias, resolver o presente Contrato de forma que a Contratante pasase a ter a súa relación contractual coa comercializadora de referencia de acordo cos procedementos establecidos na lexislación vixente.

12. FINALIZACIÓN Suba ao índice ↑

12.1 A Contratante que teña a condición de consumidora, segundo se define na normativa aplicable en cada caso, terá dereito de desistencia de conformidade e, nos termos previstos nesas normas, a desistir do presente Contrato sen necesidade de alegar xusta causa dentro do prazo máximo de catorce días (14) desde a data da súa celebración. Neste caso, comunicará a súa vontade de desistir por correo electrónico ou postal aos enderezos indicados na cláusula 16. SOM ENERGIA SCCL terá dereito unicamente a cobrar as cantidades correspondentes ao consumo de electricidade que tivese efectuado ata o momento a Contratante, de conformidade co previsto no Código Civil e demais normativas vixentes.

12.2 Causas da resolución anticipada. Sen prexuízo do indicado na cláusula anterior en relación co dereito de desistencia da Contratante consumidora, as Partes poderán resolver o presente Contrato nos seguintes supostos mediante o envío de comunicación por escrito de conformidade co previsto na cláusula 16:

  1. Nos casos previstos pola normativa vixente.
  2. Por mutuo acordo das Partes.
  3. Por resolución anticipada unilateral dunha das Partes nos termos establecidos na cláusula 3. Sen prexuízo da facultade de modificar o presente Contrato prevista na cláusula 9, e unicamente coa finalidade de garantir a viabilidade da cooperativa, SOM ENERGIA poderá resolver unilateralmente o Contrato cun preaviso de cinco (5) días no caso de que demostre que, por alteracións dos mercados de electricidade ou calquera outra circunstancia allea, o cumprimento das prestacións contractuais resulte excesivamente oneroso.
  4. Por incumprimento grave de calquera das obrigas derivadas do presente Contrato e, en particular, se unha das Partes incumpre ou non executa, en calquera dos aspectos esenciais ou de forma grave ou reiterada, calquera das obrigas que se deriven do presente Contrato, e non emende ese incumprimento nos 5 días hábiles seguintes a recibir o requirimento enviado pola parte non-incumpridora a tal efecto.
  5. En caso de fraude ou manipulación indebida dos Equipos de Medida e Control.
  6. En caso de incumprimento por parte da Contratante dos requisitos de contratación recollidos na cláusula 1, en particular no caso de que a Contratante cese a súa actividade ou non utilice electricidade no Punto de Subministración, deixe de ser socia ou de estar vinculada a algunha persoa ou entidade socia de SOM ENERGIA SCCL.
  7. En caso de impagamento das facturas emitidas transcorridos 5 días da data de pagamento, sen prexuízo da aplicación dos xuros de demora previstos na cláusula 7, e sempre nos prazos e cos requisitos establecidos na normativa aplicable.
  8. En caso de rescisión do contrato de acceso á rede.
  9. Calquera outro caso previsto neste Contrato ou na lexislación aplicable.

12.3 En caso de resolución do Contrato por algunha das causas indicadas na cláusula 11.2, a Contratante estará obrigada a aboar a subministración ata a data de baixa do servizo, así como os xuros aplicables e os danos e prexuízos derivados desa circunstancia para SOM ENERGIA SCCL. O indicado na presente cláusula non será de aplicación nos casos b), a c) ou cando a normativa vixente en materia de protección de persoas consumidoras e usuarias estableza o contrario.

12.4 En caso de finalización por impagamento, SOM ENERGIA SCCL poderá esixir á persoa titular do Contrato a satisfacción das débedas pendentes, sendo unha medida transitoria a utilización do capital social achegado a SOM ENERGIA SCCL en caso de que sexa socia. Se se producise este caso, o capital social deberá ser reintegrado antes de quince (15) días desde a súa utilización. O Consello Reitor ou, no seu caso, o órgano a quen este delegue de acordo cos estatutos e a lexislación vixente, estudará cada caso e, se o considera oportuno, aplicará o réxime de faltas e sancións recollidas nos estatutos de SOM ENERGIA SCCL.

13. RESPONSABILIDADE Suba ao índice ↑

13.1 Agás nos casos de incumprimento doloso, e suxeito ao que no caso estableza sobre isto de xeito imperativo a normativa vixente en todo momento, ningunha das Partes será responsábel ante a outra por danos indirectos ou lucro cesante derivados do incumprimento do presente Contrato. En ningún caso responderá SOM ENERGIA SCCL dos danos e prexuízos ocasionados á Contratante ou a terceiras persoas por motivo de accións ou omisións da propia Contratante ou terceiras persoas que non sexan directamente imputábeis a SOM ENERGIA SCCL de acordo coa lexislación vixente. Infórmase a estes efectos de que as deficiencias na calidade da enerxía eléctrica e continuidade do servizo derivan sempre de actuacións da empresa titular da rede, empresa transportista e/ou empresa distribuidora encargadas da entrega da enerxía eléctrica, e en ningún caso da comercializadora, sen prexuízo do dereito a reclamar ante esta.

13.2 Ningunha das Partes será considerada responsable polo incumprimento das súas obrigas en virtude deste Contrato, na medida en que ese incumprimento fose consecuencia dun acto de forza maior, especialmente en caso de imposibilidade de facer chegar electricidade ao Punto de Subministración por causas alleas a SOM ENERGIA SCCL. A efectos do presente Contrato enténdese por Forza Maior calquera acto, circunstancia ou causa que escape o control de calquera das Partes, incluso no caso de que a parte afectada teña actuado coa debida dilixencia, sexa imprevisible ou, sendo previsible, inevitable, irresistible ou independente da vontade das Partes.

13.3 A parte que se vise afectada pola Forza Maior notificarao inmediatamente á outra, describindo detalladamente o acto de Forza Maior alegado e o tempo previsto de duración. O cumprimento das obrigas contractuais suspenderase mentres dure a Forza Maior. Unha vez finalizada a Forza Maior, as Partes acordarán o período de tempo e as medidas apropiadas para continuar co desenvolvemento do Contrato. No suposto de que a Forza Maior durase máis de tres meses, calquera das dúas Partes poderá resolver o Contrato.

13.4 A Contratante responderá da súa instalación interior e da realización das revisións e/ou inspeccións obrigatorias e de manter en perfecto estado de conservación as instalacións receptoras, incluídos os aparellos de consumo, e de facer un uso adecuado dos mesmos.

14. CALIDADE Suba ao índice ↑

14.1 Os estándares de calidade da subministración obxecto do presente Contrato serán os que se establezan na regulación vixente en cada momento, aínda que a continuidade e calidade da enerxía subministrada son responsabilidade última da empresa distribuidora propietaria da rede á que se conecta o Punto de Subministración. SOM ENERGIA SCCL defenderá os intereses da Contratante ante a empresa distribuidora.

14.2 En caso de incumprimento da calidade da subministración por parte da empresa distribuidora, e cando corresponda segundo a normativa aplicable, SOM ENERGIA SCCL tramitará ante ela os descontos, bonificacións e/ou indemnizacións que poidan corresponder á Contratante por incidencias na rede segundo a regulación aplicable.

14.3 Sen prexuízo do anterior, e de conformidade co previsto na normativa aplicable ao sector eléctrico, a Contratante manifesta coñecer que a empresa distribuidora é responsable do mantemento da rede á que se conecta o Punto de Subministración, así como da calidade e continuidade da subministración. SOM ENERGIA SCCL non será en ningún caso responsable dos danos que puidese sufrir a Contratante como consecuencia da falta de continuidade, interrupcións, baixa calidade da subministración, incluíndo a título enunciativo e non limitativo cortes de subministración, sobretensións ou baixadas de tensión e incidencias similares. Nestes casos, SOM ENERGIA SCCL obrígase a facilitar á Contratante a identidade e enderezo da empresa distribuidora titular da rede na que se atopa o Punto de Subministración, así como toda a información técnica da que dispoña, a fin de que a Contratante poida interpor a correspondente reclamación extraxudicial ou xudicial contra ela.

15. INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS Suba ao índice ↑

15.1 Infórmase á Contratante de que o responsable dos datos persoais facilitados no marco do presente Contrato de Subministración é SOM ENERGIA SCCL, quen os empregará unicamente para atender a súa solicitude de contratación de subministración de enerxía eléctrica (e outros servizos contratados) e envío de comunicacións sobre os seus produtos e servizos. A lexitimación para ese tratamento deriva da execución do presente Contrato, así como do consentimento que a Contratante expresa ao subscribir o mesmo.

15.2 No marco da execución da subministración contratada está prevista a cesión de datos, procedentes da propia persoa interesada, a terceiras empresas cando sexa necesario para a prestación dos servizos contratados, tal como, por exemplo, asesorías fiscais e contables, bancos e caixas, administración tributaria ou outras administracións públicas, empresas distribuidoras, empresas de recobro de impagados, rexistros de morosidade e terceiros países.

15.3 A Contratante ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional que figura na Política de Privacidade de SOM ENERGIA SCCL, dispoñible na súa páxina en Internet www.somenergia.coop e pode exercer os dereitos ou atopar a información adicional dirixíndose ao enderezo de SOM ENERGIA SCCL conforme ao indicado na cláusula 16.

16. NOTIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS Suba ao índice ↑

16.1 A Contratante designa a efectos de notificación os enderezos de correo electrónico e postal indicados por ela no momento da contratación e recollidos nas Condicións Particulares, obrigándose a comunicar a SOM ENERGIA SCCL calquera modificación dos mesmos que se produza.

16.2 As Partes acordan que a notificación das facturas, así como outras informacións de carácter informativo xeral, se realizarán prioritariamente por correo electrónico ao enderezo recollido nas Condicións Particulares. O correcto mantemento deste correo é responsabilidade da Contratante.

16.3 A Contratante poderá contactar e, no seu caso, formular reclamacións a SOM ENERGIA SCCL por todas as canles de comunicación establecidas para iso e permanentemente actualizadas na súa web corporativa www.somenergia.coop (https://gl.support.somenergia.coop/article/473-como-puedo-contactar-con-la-cooperativa-mail-telefono-etc), en particular:

16.4 SOM ENERGIA, SCCL, presta os seus servizos de luns a venres en horario laboral (de 9 a 17 horas, agás festivos na cidade de Girona). Dentro do devandito horario, a atención telefónica está dispoñíbel de 9 a 14 horas.

17. CÓDIGO ÉTICO E MODELO DE PREVENCIÓN DE DELITOS Suba ao índice ↑

SOM ENERGIA, SCCL conta cun Código Ético no que se inclúen os nosos valores e a nosa tolerancia cero cara a corrupción e que é accesíbel na nosa páxina en Internet (https://www.somenergia.coop/gl/quen-somos/#documentacion); do mesmo xeito, temos implantado un modelo de prevención de delitos adaptado á nosa realidade, baixo control e supervisión do noso Comité de Ética, que é base do fomento da cultura ética e de integridade da cooperativa. O devandito Código inclúe os mecanismos que a Contratante ten á súa disposición para pór en coñecemento de SOM ENERGIA, SCCL calquera incumprimento deste, así como calquera conducta inadecuada ou infractora de leis ou regulamentos.

SOM ENERGIA, SCCL agarda dos nosos provedores e dos terceiros cos que contratamos o compromiso e cumprimento dos estándares de comportamento fixados no seu Código Ético; en especial, agardamos un compromiso de tolerancia cero cara o delito e, en particular, cara calquera forma de corrupción.

18. LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN Suba ao índice ↑

18.1 A contratante, mediante a validación do Contrato, manifesta o seu coñecemento sobre os procedementos de resolución de conflitos en materia de persoas consumidoras de enerxía eléctrica previstos na normativa vixente. En concreto, manifesta o seu coñecemento acerca da posibilidade de acudir aos procedementos extraxudiciais previstos na normativa aplicable, así como os procedementos establecidos polas Comunidades Autónomas e a posibilidade de someter as controversias que se refiran aos seus dereitos específicos como usuarias finais de enerxía eléctrica ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital. Do mesmo xeito, de conformidade co previsto no Dereito Europeo, infórmase da existencia da plataforma de revisión de litixios en liña da Comisión Europea, accesible no seguinte enlace: https://ec.europa.eu/consumers/odr/.
De acordo co establecido no artigo 98 do Real Decreto 1955/2000, ou norma que no seu caso o substitúa, as reclamacións ou discrepancias que se susciten en relación col Contrato de Subministración, ou coas facturacións derivadas deste poderán ser resoltas administrativamente polo órgano competente en materia de enerxía da comunidade autónoma en cuxo territorio se efectúe a subministración.

Ademais, cando a Contratante teña a condición de consumidor ou usuario segundo a normativa aplicábel, para aquelas controversias sobre as que SOM ENERGIA, SCCL teña poder de disposición, poderá sometelas á la Oficina municipal de atención ao consumidor da súa localidade ou ao Sistema Arbitral de Consumo, ao que SOM ENERGIA, SCCL está adherida. (https://www.consumo.gob.es/gl/consumo/sistema-arbitral-consumo).

Segundo o previsto na Lei 60/2003 de Arbitraxe, o Real Decreto Lexislativo 1/2007, o Real Decreto 231/2008 e demais normativa de aplicación, non poderán ser obxecto de arbitraxe de consumo: (i) as cuestións sobre as que exista resolución xudicial firme e definitiva, (ii) aquelas en que as partes non teñan poder de disposición, (iii) cuestións nas que, segundo a lexislación vixente, deba intervir o Ministerio Fiscal ou (iv) cando concorra intoxicación, lesión, morte ou existan indicios racionais de delito.

18.2 O presente Contrato rexerase e interpretarase en todos os seus extremos polas leis españolas.

18.3 Sen prexuízo do previsto na presente cláusula en relación con outras vías de resolución de posibles conflitos que se xeren en relación co presente Contrato, os mesmos someteranse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Girona, agás naqueles supostos en que se dispoña outra cousa de xeito imperativo pola normativa aplicable.

19. CONTRATO COMPLETO Suba ao índice ↑

19.1 Estas Condicións Xerais, xunto coas Condicións Particulares, constitúen a integridade dos pactos existentes entre as Partes en relación coa subministración de enerxía no Punto de Subministración, substituíndo calquera outro pacto ou acordos existentes entre as Partes con anterioridade á celebración. As mesmas foron formalizadas electronicamente, postas ao dispor da Contratante mediante o envío ao enderezo electrónico indicado por ela.

19.2 A declaración de calquera destas Condicións Xerais como inválida ou ineficaz non afectará á validez ou eficacia das restantes, que continuarán sendo vinculantes para as Partes, que se comprometen nese caso a substituíren a cláusula afectada por outra válida de efecto equivalente segundo principios de boa fe e equilibrio de contraprestacións. A renuncia por calquera das Partes a esixir nun momento determinado o cumprimento de calquera das Condicións Xerais aquí estipuladas non implicará unha renuncia de carácter xeral nin creará un dereito adquirido para a outra parte.