Preguntas frecuentes
Ser socio/a permite acceder aos servizos que se van xerando para os membros da cooperativa (consumo de electricidade verde certificada, inversión en proxectos renovábeis, información e produtos eficientes, etc). Amais, permite participar no desenvolvemento da cooperativa a través de comisións de traballo, grupos locais e a Asemblea, onde cada socio/a ten un voto.
Podes contratar unha tarifa por períodos, con prezos establecidos previamente e diferentes períodos horarios de enerxía, ou podes contratar unha tarifa indexada, que depende do prezo da enerxía no mercado maiorista diario e que, polo tanto, cambia de prezo cada día cada hora.
Actualmente, en Som Energia ofrecemos o servizo de comercialización de electricidade 100 % renovábel para toda clase de tarifas: desde o ámbito doméstico, tamén para comunidades veciñais, ata o ámbito de empresa ou industria, alta tensión e puntos especiais de carga de vehículos eléctricos de acceso público.
No noso Centro de Axuda podes ver o detalle das tarifas que ofrecemos actualmente.
Podes ver as Condicións xerais de contratación para a comercialización de electricidade de Som Energia nesta ligazón. Son as condicións que se aplican para as tarifas por períodos.
Podes ver as Condicións xerais de contratación para a comercialización de electricidade de Som Energia nesta ligazón. A continuación podes ver tamén as condicións específicas das tarifas indexadas.
O contrato dura un ano desde a contratación e, pasado este tempo, renóvase automaticamente se non manifestas o contrario. Non hai unha permanencia mínima, podes resolvelo en calquera momento sen ningunha penalización.
As persoas consumidoras dispoñen de 14 días naturais desde a data do contrato para finalizar os servizos. Se o queres facer, tes que notificalo por correo electrónico a comercialitzacio@somenergia.coop,
por correo postal a
SOM ENERGIA, SCCL,
c/ Pic de Peguera 11,
17003 Girona
ou a través de calquera das vías de contacto que constan na nosa web.
Para facelo, podes utilizar o texto que atoparás neste modelo.
Consecuencias da desistencia: devolverémosche todos os pagamentos recibidos, se os hai, dentro dos 14 días naturais a partir da data na que nos comuniques a túa decisión. Efectuaremos este reembolso sen que supoña ningún gasto para ti, e usaremos o mesmo método de pagamento que usaches para a transacción inicial, se non nos indicas o contrario. En caso de que xa se atope activa a subministración de electricidade, terás que aboarnos o consumo correspondente aos días en que che prestaramos servizo, así como o resto de custos asociados á contratación e, se é o caso, á reposición á situación anterior.
- O teu número de socia, persoa ou entidade, de Som Energia. Se aínda non formas parte da cooperativa, antes tes que asociarte aquí.
- Unha factura eléctrica actual.
- O número da túa conta bancaria.
As persoas e entidades socias poden ser titulares de tantos contratos como queiran e tamén poden convidar ata cinco contratos de electricidade doutros titulares.
Lamentablemente en Som Energia non podemos ofrecer o Bono Social. Por lei, este desconto só se aplica cando se ten a luz contratada cunha das cinco grandes empresas comercializadoras do mercado regulado (CUR). Se queres saber se tes dereito ao Bono Social, consulta esta ligazón.
Compramos a enerxía que consumen as nosas socias/os no mercado maiorista eléctrico e acadamos certificados de garantía de orixe que avalan unha produción de enerxía de fontes 100% renovábeis. O subministro de electricidade realízase empregando a rede eléctrica existente. O custo das peaxes de transporte vese reflectido na factura das socias. Paralelamente, impulsamos proxectos de produción de enerxía a partir de fontes renovábeis financiadas con achegas económicas voluntarias das socias. Queremos chegar a cubrir o 100% da demanda enerxética das socias coa produción dos proxectos propios da cooperativa.