AVISO LEGAL DE
www.somenergia.coop

Esta páxina web é propiedade de SOM ENERGIA, SCCL (en diante, SOM ENERGIA), con NIF nº F55091367 e enderezo en C/ Pic de Peguera, 11 – 17003 Girona e Inscrita no Rexistro de Cooperativas de Girona Folla 13936 Inscrición 1ª.

Para calquera consulta ou proposta, contáctenos chamando ao teléfono + 34 872 202 550 ou no correo electrónico gdpr@somenergia.coop.

Así mesmo, poñemos ao seu dispor un Delegado de Protección de Datos que non só se encargará de supervisar todos os tratamentos de datos que se realicen na nosa entidade, senón que poderá atendelos para calquera cuestión relacionada co tratamento dos datos persoais. Os datos de contacto do noso delegado de protección de datos son: Lant Abogados (Lant Advisors, S.L.P.) – somenergia@delegado-datos.com.

Esta páxina web réxese pola normativa exclusivamente aplicábel en España, quedando sometida a ela tanto nacionais como estranxeiros que utilicen esta web.

O acceso á nosa web pola túa parte, como PERSOA USUARIA, é gratuíto e réxese polas condicións de uso vixentes no momento do acceso, que recomendamos que leas detidamente. Se non estás de acordo coas presentes condiciós de uso, deberás absterte de utilizar ou operar por medio deste portal. Podes contactar connosco para que che resolvamos calquera dúbida en relación coas devanditas condicións.

A subministración de datos persoais e a compra de produtos e servizos a través do noso portal require unha idade mínima de 18 anos ou, no seu caso, dispor de capacidade xurídica suficiente para contratar.

1. PROPIEDADE INTELECTUAL Subir al índice ↑

Todos os contidos, textos, imaxes e códigos fonte son propiedade de SOM ENERGIA ou de terceiros aos que se adquiriron os seus dereitos de explotación, e están protexidos polos dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial.

A USUARIA unicamente ten dereito a un uso privado dos mesmos, sen ánimo de lucro, e necesita autorización expresa para modificalos, reproducilos, explotalos, distribuílos ou exercer calquera dereito pertencente ao seu titular.

SOM ENERGIA e Generation kWh son marcas rexistradas, e está prohibida a súa reprodución, imitación, utilización ou inserción destas marcas sen a nosa debida autorización.

O establecemento de ligazóns ao noso portal no confire ningún dereito sobre o mesmo. Do mesmo xeito, o simple feito de establecer unha ligazón á páxina web non dá dereito a outorgarse a categoría de colaborador ou socio.

SOM ENERGIA queda exonerado de responsabilidade por calquera reclamación a respecto dos dereitos de propiedade intelectual dos artigos e imaxes publicadas por terceiros no seu portal.

Está absolutamente prohibida a imitación, xa sexa total ou parcial do noso portal.

2. CONDICIÓNS DE ACCESO E USO Subir al índice ↑

O acceso á nosa páxina web é gratuíto e non esixe subscrición ou rexistro previo. Porén, determinados servizos, como facerse socio, contratar luz, acceder ás plataformas de participación ou á oficina virtual son de acceso restrinxido a determinados usuarios e requiren realizar un proceso de rexistro, cubrir formularios con datos persoais e/ou a identificación mediante contrasinais. Estes servizos quedarán debidamente identificados na web.

O envío de datos persoais implica a aceptación expresa por parte da USUARIA da nosa política de privacidade.

A USUARIA debe acceder á nosa páxina web conforme á boa fe, ás normas de orde pública e ás presentes Condicións Xerais de uso. O acceso ao noso sitio web realízase baixo a propia e exclusiva responsabilidade do usuario, que responderá en todo caso dos danos e prexuízos que poida causar a terceiros ou a nós mesmos.

A USUARIA ten expresamente prohibida a utilización e obtención dos servizos, produtos e contidos ofrecidos na presente páxina web, por procedementos distintos aos estipulados nas presentes condicións de uso e, no seu caso, nas condicións particulares que regulen a adquisición de determinados produtos ou servizos.

A USUARIA ten prohibido calquera tipo de acción sobre o noso portal que orixine unha excesiva sobrecarga de funcionamento aos nosos sistemas informáticos, así como a introdución de virus, ou instalación de robots, ou software que altere o normal funcionamento da nosa web ou, en definitiva, que poida causar danos aos nosos sistemas informáticos.

Tendo en conta a dificultade de control a respecto da información, contidos e servizos que conteñan páxinas web de terceiros dispoñibles desde o noso portal web, comunicámosche que SOM ENERGIA non se fai responsábel destes, sen prexuízo de que tentará, na medida do posíbel, velar pola súa legalidade.

SOM ENERGIA reserva para si o dereito a dar de baixa calquera PERSOA USUARIA que a organización entenda que vulnerou as condicións que rexen rigen o uso do noso sitio web. Do mesmo xeito, reserva para si o dereito a exercer as accións legais oportunas contra aqueles que vulneren as presentes condicións xerais de uso.

3. POLÍTICA DE PRIVACIDADE Subir al índice ↑

A confidencialidade e a seguridade son valores primordiais de SOM ENERGIA e, en consecuencia, asumimos o compromiso de garantir a privacidade da USUARIA en todo momento e de non solicitar información innecesaria.

A subministración de datos persoais a través do noso portal require unha idade mínima de 18 anos e/ou dispor de capacidade xurídica suficiente para contratar, así como a aceptación expresa da nosa Política de Privacidade.

A USUARIA será a única responsábel de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que ocasione a SOM ENERGIA ou a calquera terceiro por cubrir os formularios con datos falsos, inexactos, incompletos, non actualizados ou con datos de terceiros sen contar co seu consentimento.

4. RESPONSABILIDADES Subir al índice ↑

Ao pór a disposición da PERSOA USUARIA este portal web queremos ofrecerlle un servizo de calidade, utilizando a máxima dilixencia na súa prestación, así como nos medios tecnolóxicos utilizados. Porén, SOM ENERGIA non garante que a dispoñibilidade do servizo sexa continua e ininterrompida, por circunstancias orixinadas por problemas na rede de Internet, avarías nos dispositivos informáticos ou outras circunstancias imprevisíbeis, de xeito que a PERSOA USUARIA acepta soportar dentro duns límites razoábeis estas circunstancias.

Este web, salvo o regulado, no seu caso, por algunhas condicións de uso específicas, é puramente informativo e de presentación corporativa dos nosos produtos e servizos, polo que SOM ENERGIA non se responsabiliza das expectativas de calquera tipo que poida xerar á PERSOA USUARIA.

5. VIXENCIA DAS CONDICIÓNS XERAIS DE ACCESO Á WEB Subir al índice ↑

As presentes Condicións Xerais de Uso foron modificadas con data de 11/02/2020. En calquera momento podemos proceder á súa modificación: por favor, comprobe a data de emisión en cada ocasión en que se conecte a nosa páxina web e así terá a certeza de que non se produciu modificación algunha que lle afecte.

Para calquera cuestión a respecto das Condicións de Uso da nosa páxina web, pode pórse en contacto connosco nos datos antes indicados, ou con Lant Abogados en info@lant-abogados.com ou en http://www.lant-abogados.com/.