Fomentamos un novo modelo enerxético
que sexa 100 % renovable, sustentable e en mans da cidadanía

En Som Energia promovemos proxectos de xeración de enerxías renovables para incrementar a nosa produción propia, impulsamos compras colectivas de instalacións fotovoltaicas individuais e despregamos o autoconsumo colectivo para aproveitar cubertas en contornas urbanas.

AUTOPRODUCIÓN INDIVIDUAL

Autoproducció individual

Adquire unha instalación fotovoltaica para o teu tellado ou azotea desde as nosas compras colectivas modelo de chave en man. Se vives nun bloque de pisos, explicámosche como conseguir a instalación paso a paso.

AUTOPRODUCIÓN COLECTIVA

Autoprodución colectiva

Se non tes cuberta propia, vives de alugueiro ou non podes asumir o custo dunha instalación individual, mediante GURB poderás conectarte a unha instalación nosa e adherirte a un autoconsumo colectivo.

AUTOPRODUCIÓN VIRTUAL

Participa del Generation Kwh

Co modelo Generation kWh podes dar empréstitos á cooperativa para financiar a construción de plantas de xeración de enerxía de orixe renovable e obter parte da electricidade producida a prezo de custo.

PLANTAS DE XERACIÓN

Plantas de generación de Som Energia

Som Energia conta con diferentes instalacións de xeración de enerxía a partir de fontes renovables co obxectivo de cubrir a totalidade da demanda das persoas socias mediante proxectos propios.

Impulsa novos proxectos de xeración
facendo achegas ao capital social

Un dos obxectivos de Som Energia é cubrir a totalidade da demanda de enerxía eléctrica das persoas e entidades socias con plantas de produción de enerxía renovable que sexan propiedade da cooperativa. Por iso, impulsamos varias iniciativas para fomentar a produción de enerxía verde, facendo que as persoas sexan parte activa deste cambio de modelo enerxético.

Unha das opcións é facer achegas ao capital social para financiar e impulsar novos proxectos de xeración de enerxía a partir de fontes renovables.

Todas as achegas invístense en diversos proxectos, mais só en tecnoloxías probadas e en proxectos cunha rendibilidade social ou económica razoable. As achegas realízanse directamente a nome da cooperativa ou a través de sociedades vehículo propiedade exclusiva de Som Energia o de propiedade compartida con outras organizacións afíns aos nosos obxectivos.

Recomendámosche que só achegues o diñeiro que non prevés precisar a curto ou medio prazo, así como que repartas as achegas entre os diferentes instrumentos e entidades existentes para diminuíres os riscos.