Som Energia non somos unha empresa enerxética calquera

Somos unha cooperativa formada por máis de 85 000 persoas e entidades

E o que é máis importante: o capital social fai que Som Energia sexa, realmente, propiedade das súas persoas e empresa socias.

Unha das particularidades da cooperativa é o noso modelo de financiamento: en Som Energia financiámonos nun 80 % grazas ás achegas das nosas socias e, como non temos afán de lucro, non procuramos a acumulación nin o beneficio propio.

A confianza de todas as persoas e entidades socias en Som Energia permitiunos medrar desde o nada, en 2010, até onde estamos na actualidade. Queremos seguir medrando para lles poder dar servizo a máis socias e seguir así facendo camiño cara ao obxectivo de transformar o modelo enerxético.

Ademais das achegas obrigatorias de todas as socias (100 euros no momento de asociarse), tamén temos achegas voluntarias. Así pois, o capital social voluntario é a principal fonte de financiamento de Som Energia. Estas achegas comportan un xuro para quen as realiza, que fixa anualmente a Asemblea Xeral de socias e socios.

As achegas voluntarias ao capital social da cooperativa permítennos financiar novos proxectos de xeración, á vez que se destinan ao desenvolvemento da cooperativa. Grazas a estas achegas, temos estabilidade económica, unha situación financeira privilexiada, cun baixo nivel de débedas cos bancos (que son, sempre que é posíbel, de banca ética).

Achegas voluntarias ao capital social: 23 162 100 euros.
Persoas que fixeron estas achegas: 8299 persoas e entidades.

Se ti tamén queres realizar unha achega ao capital social voluntario da cooperativa, cubre o formulario que verás abaixo. Aquí á dereita atoparás máis detalles das achegas e as respostas ás preguntas máis frecuentes.

Estem en mode manteniment
Estamos realizando tarefas de mantemento
Voltamos axiña
Estem en mode manteniment
Estamos realizando tarefas de mantemento
Voltamos axiña

Preguntas frecuentes

Onde podo atopar o meu número de socio/a?

O número de socio/a aparece no correo de alta de nova persoa socia (o correo de benvida). Tamén se pode atopar na Oficina Virtual, na sección “O meu perfil”.

Quen pode facer a achegas?

Poden facer achegas todas as persoas e entidades que sexan socias da cooperativa. Podes asociarte a Som Energia desde este formulario.

Que é o capital social voluntario?

É o capital que a persoa socia achega á cooperativa, de xeito voluntario, e polo que recibe un xuro que é decidido anualmente pola Asemblea.

Segundo decidiu a Asemblea Xeral en 2024, o xuro é do 2 %.

Para que se usará o diñeiro?

Empregamos as achegas ao capital social para financiar proxectos de xeración novos ou para o desenvolvemento da cooperativa.

Que importe podo achegar?

O importe mínimo son 100 € e o máximo 100.000 € (5.000 € durante a primeira semana).
Recomendamos só achegar o diñeiro que non tes previsto precisar a curto ou medio prazo.

Que risco teñen as achegas á cooperativa?

Som Energia, como calquera outra empresa, podería chegar a entrar en suspensión de pagamentos. Nesta situación, a orde de pagamento do diñeiro pendente sería: primeiro, as débedas coa Administración, traballadores/as; despois, créditos e préstamos; despois, os títulos participativos, o capital social voluntario e, finalmente, o capital social obrigatorio.

Por outra banda, o Consello Reitor pode rexeitar devolver unha achega se durante ese mesmo ano xa se devolveu o 10 % do total do capital social, segundo indican os estatutos (este límite é bastante superior ás peticións de retorno de achega que adoita haber anualmente). Máis información

Condicións xerais da achega

Podes ver as condicións xerais das achegas voluntarias ao capital social de Som Energia nesta ligazón.