Representación no mercado eléctrico
Simplificamos as xestións e facemos que os produtores e produtoras poidan vender a enerxía no mercado grosista. Impulsamos un futuro mais sustentábel.
QUE FACEMOS?
Cando se produce un volume considerábel de enerxía, pode venderse no mercado grosista. Mais, para iso, é preciso levar a cabo unha serie de trámites e ter os permisos correspondentes.
Desde Som Energia facemos de representantes de pequenos produtores e produtoras para que poidan vender a enerxía que producen no mercado, axudando a simplificar as xestións.
Convenche se precisas:
- Representación fronte a OMIE e REE.
- Representación directa ou indirecta fronte á CNMC.
- Liquidación de retribución específica, en caso de dispor dela.
- Xestión integral da facturación.
- Servizo de previsións de produción para fotovoltaicas.
- Tramitación de posíbeis reclamacións de medida.
- Atención e apoio aos produtores e produtoras.
- Tramitación da expedición e transferencia das GdO.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
A persoas ou entidades propietarias de instalacións produtoras de enerxía renovábel, xa sexan instalacións acollidas ao réxime especial de autoconsumo con venda de excedentes ou unicamente destinadas á venda de enerxía.
O servizo de representación non vai dirixido a persoas que teñan instalacións de autoprodución con compensación simplificada. Para que saia a conta vender a enerxía no mercado grosista, é preciso que o excedente sexa moi superior á enerxía que se utiliza para o seu uso particular.
Por que escollernos como representantes?
- 1Prezos xustos. Os nosos prezos son competitivos e transparentes.
- 2
Sen sobrecustos. Podes desfrutar deste servizo xestionado por unha cooperativa da economía social e solidaria, e que este feito non che suporá ningún sobrecusto.
- 3Seguridade e comodidade Non tes que preocuparte por nada. Encargarémonos das xestións das túas plantas co mesmo coidado e rigor con que xestionamos as nosas.
- 4Transparencia. Sabemos que é un servizo complexo, por iso queremos explicalo con claridade, transparencia e pedagoxía.
- 5Sen ánimo de lucro. Os beneficios reinvístense na cooperativa.
Selecciona a túa modalidade de instalación
Até 100 kW
ou de autoconsumo con venda de excedentes
Custo do servizo:
- 1,50 €/MWh
Máis de 100 kW
Custo do servizo:
- Defínese en función das características da instalación.
En todos os casos, os custos dos desvíos e axustes do sistema asúmeos o produtor/a e benefíciase do 100 % do efecto carteira das instalacións representadas pola cooperativa.

Pasos para que Som Energia pase a representarte
Tes unha instalación de venda de enerxía? Tes unha planta de xeración renovábel?
En Som Energia podemos xestionar que a túa enerxía se venda no mercado.
Pídenos máis información
Déixanos os teus datos na sección de máis abaixo, e farémosche chegar unha oferta para presentarche o servizo e resolver todas as túas dúbidas.
Asina o contrato de representación que recibirás en poucos días.
Hai novos poderes notariais a favor de Som Renovables para poder facer de representantes.
Fai poderes notariais novos para que te poidamos representar ante REE, OMIE e CNMC.
Tesnos que enviar o documento orixinal. Estes poderes teñen un custo de notaría que debe asumir o produtor/a.
Xa estás representado/a por Som Energia
A partir de agora, a túa enerxía xa chega ao mercado, e faino a través da cooperativa Som Energia.
Tes unha instalación de venda de enerxía? Tes unha planta de xeración renovábel?
En Som Energia podemos xestionar que a túa enerxía se venda no mercado.
Pídenos máis información
Déixanos os teus datos na sección de máis abaixo, e farémosche chegar unha oferta para presentarche o servizo e resolver todas as túas dúbidas.
Asina o contrato de representación que recibirás en poucos días.
Hai novos poderes notariais a favor de Som Renovables para poder facer de representantes.
Fai novos poderes notariais a favor de Som Renovables para poder facer de representantes ante REE, OMIE e CNMC
Tesnos que enviar o documento orixinal. Estes poderes teñen un custo de notaría que debe asumir o produtor/a.
Xa estás representado/a por Som Energia
A partir de agora, a túa enerxía xa chega ao mercado, e faino a través da cooperativa Som Energia.
Requisitos para que Som Energia pase a representarte
Para desfrutar deste servizo, tes que ser socio ou socia de Som Energia. Así poderás participar no desenvolvemento da cooperativa a través das comisións de traballo, os grupos locais e a Asemblea. Ademais, poderás acceder aos servizos que ofrece a cooperativa (consumo de electricidade verde certificada, investimento en proxectos renovábeis, información e produtos eficientes, etc.). Representación de renovábeis é un servizo máis dos que oferta a cooperativa.
Pide máis información
Por que Som Energia fai de representante?
Desde a vocación de servizo ás persoas socias, pensamos que é bo ofertar a representación no mercado para aquelas socias que producen enerxía e poden vendela.
Ofertar este servizo tamén é beneficioso para a cooperativa por varios motivos. Por unha banda, permite reducir o importe das garantías que se teñen que presentar a OMIE, o órgano que xestiona a compravenda de enerxía no mercado grosista, e tamén achega máis liquidez á tesouraría de Som Energia. Isto dá máis estabilidade fronte a situacións como a do outono pasado, cando ter que avanzar moitos pagamentos e tardar en cobrar pola venda de enerxía tensionou a tesouraría da cooperativa.
Por outra banda, permítenos conseguir certificados de garantía de orixe das nosas propias socias. Todos os que non obtemos coas nosas plantas ou as nosas socias temos que compralos a intermediarios.
Se tes curiosidade por coñecer máis sobre como funciona o mercado eléctrico, recomendámosche a formación dispoñíbel na Aula Popular.