GURB, a xeración urbana para
o autoconsumo colectivo de enerxía renovable

GURB é un modelo de xeración renovable de orixe solar fotovoltaica que permite o aproveitamento de cubertas en contornas urbanas para despregar o autoconsumo colectivo.

Som Energia busca cubiertas para el GURB

BUSCAMOS
CUBERTAS

Se dispós dunha cuberta de 700 m² ou máis, con boa orientación e que estea situada nun emprazamento urbano, enche este formulario.

Som Energia promueve la instalación para el GURB

PROMOVEMOS
A INSTALACIÓN

Som Energia xestiona a instalación fotovoltaica sobre unha cuberta e realiza o mantemento durante toda a súa vida útil.

Som Energia promueve la instalación para el GURB

XERAMOS
ENERXÍA DISTRIBUÍDA

A produción eléctrica da instalación repártese entre as persoas e entidades usuarias da cooperativa que estean dentro dun radio de 2 km da instalación e que se adherisen ao autoconsumo colectivo.

Favorecemos o acceso
ao autoconsumo

O autoconsumo compartido é un xeito de fomentar o uso das enerxías renovables e reducir a pegada de carbono, xa que permite a varios usuarios beneficiarse da enerxía xerada localmente. Ademais, promove a comunidade e a colaboración entre os participantes, creando un sentido de pertenza e conciencia ambiental compartida.

Se es unha persoa ou entidade cun contrato de subministración eléctrica activo e non dispós de autoconsumo individual, GURB pódeche interesar.

Se es unha persoa ou entidade propietaria dunha cuberta e tes interese en xerar enerxía solar fotovoltaica, esta é a túa oportunidade!

Queres ter
autoconsumo
compartido?

O servizo de GURB vai dirixido especialmente a aquelas persoas ou entidades que non dispoñen de autoprodución, ben por estaren de alugueiro, ben por non teren unha cuberta axeitada, ben por non disporen de recursos abondo para afrontar o investimento inicial.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

  1. Ter un contrato de subministración eléctrica con Som Energia en vigor que se atope situado dentro dun radio de 2 quilómetros da contorna da instalación fotovoltaica produtora.
  2. Non ter ningunha tipoloxía de autoconsumo activa no contrato de subministración.

CAL É A TARIFA DE GURB?

As persoas e entidades asociadas a unha instalación concreta de GURB pagarán un custo de adhesión único e unha cota de servizo periódica (cota GURB) en función da potencia de autoprodución contratada (ou potencia GURB) e a tipoloxía de autoconsumo colectivo da instalación.

Pertencer a un GURB ten un custo de adhesión de 90 € por 0,5 kW e 180 € por 1 kW de potencia (IVE incluído). Polo tanto, o prezo aproximado é o seguinte:

Custo de adhesión único

(potencia de 0,5 kW ou de 1 kW)

+

Cota GURB

(13 €/mes por 1 kW, prezo aproximado)

Atención! Estamos a traballar para que haxa moitos máis proxectos activos de GURB. A medida que se poñan en marcha, informaremos as persoas e entidades da zona para que se poidan adherir. Este será un servizo para persoas e entidades que teñan un contrato activo con Som Energia. Se che interesa e aínda non tes contratada a luz connosco, podes facelo aquí.

O modelo GURB fomenta a xeración de enerxía renovable a escala local e achega o autoconsumo ás persoas e entidades usuarias que non poden ter autoconsumo individual na súa casa.

Tes
unha cuberta?

Se es unha persoa, empresa ou institución pública e dispós dunha cuberta en propiedade, podes cedela á cooperativa a cambio dunha contraprestación para que Som Energia promova a construción da instalación fotovoltaica e realice o seu mantemento e xestión durante toda a súa vida útil.

A cambio de ocupar a cuberta con paneis solares, ofrecemos unha compensación por medio dunha cota económica anual pola cesión do espazo. Adicionalmente, podemos ofrecer participar no autoconsumo colectivo asociado á instalación de forma gratuíta, recibindo parte da enerxía que esta xere.

Buscamos cubertas duns 700 m² ou máis, que reciban moitas horas de sol ao día e que estean próximas a zonas urbanas, xa que a cada instalación se poderán adherir entre 100 e 200 persoas que estean a unha distancia de 2 km como máximo.

REQUISITOS DA CUBERTA

  • Superficie: 700 m² ou máis.
  • Orientación: preferentemente sur e sen sombras.
  • Situación: núcleo urbano nun radio de 2 km.
  • Material: que non sexa de fibrocemento.
Tamaño mínimo de la cubierta

REQUISITOS DA CUBERTA

  • Superficie: 700 m² ou máis
  • Orientación: preferentemente sur e sen sombras
  • Situación: núcleo urbano nun radio de 2 km
  • Material: que non sexa de fibrocemento

Interésache ceder unha cuberta á cooperativa para xerar enerxía solar fotovoltaica? Enche este formulario e porémonos en contacto contigo.

Logotip GURB Mataró

O primeiro GURB que poremos en marcha está en Mataró. É unha instalación fotovoltaica sobre a cuberta dun edificio industrial situado na rúa Marià Fortuny, 53. Preme no mapa.

CARACTERÍSTICAS

  • Instalación: 276 módulos fotovoltaicos de 410 Wp
  • Potencia pico: 113,16 kWp
  • Potencia nominal: 100 kW
  • N.º de contratos que se poden adherir: entre 100 e 200
  • Participacións: de 0,5 e 1 kW

Estamos a traballar para que haxa moitos proxectos activos de GURB. A medida que os poñamos en marcha, informaremos as persoas e entidades socias da zona para que se poidan adherir.

Fomentamos o autoconsumo
con diferentes modalidades

En Som Energia temos o obxectivo de mudar o modelo enerxético para que estea baseado en fontes 100 % renovables e en mans da cidadanía. Por iso, promovemos novos proxectos de enerxías renovables para incrementar a nosa produción propia, impulsamos compras colectivas de instalacións fotovoltaicas individuais e despregamos o autoconsumo colectivo co aproveitamento de cubertas en contornas urbanas.

Autoconsumo
individual

Autoproducción individual

Se dispós dunha cuberta axeitada e dos recursos necesarios para pór unha instalación solar fotovoltaica, participando nas nosas compras colectivas poderás contactar cunha empresa instaladora seleccionada por Som Energia polos seus estándares de calidade e prezos competitivos.

Autoconsumo
colectivo

Logotipo GURB

Se non tes cuberta propia, vives de alugueiro ou non podes asumir o custo dunha instalación individual, por medio de GURB poderás conectarte a unha instalación nosa e adherirte a un autoconsumo colectivo.

Autoconsumo
virtual

Logotipo Generation kWh

Co modelo Generation kWh podes facer préstamos á cooperativa para financiar a construción de plantas de enerxía de orixe renovable e obter unha parte da electricidade producida a prezo de custo.

Icona dossier PDF

Descarga a guía detallada do proxecto GURB de Som Energia

Se tes dúbidas, pódesnos escribir a gurb@somenergia.coop ou ben podes contactar co teu Grupo Local para indicarlles que tes interese en apuntarte a un GURB.

Tamén podes ler as Condicións Particulares.