Tendencia dos prezos hora a hora
O gráfico inferior amosa a tendencia dos prezos da enerxía nas diferentes tarifas indexadas de Som Energia (2.0TD indexada: a habitual nos contratos domésticos; 3.0TD indexada e 6.1TD indexada).
Podes ver a tendencia dos prezos de hoxe e, a partir das 15.00, tamén aparecerá no selector de datos a opción de amosar os do día seguinte.
Explicamos
o gráfico
Os prezos que se amosan son aproximados, xa que non inclúen o custo dos desvíos nin os sobrecustos do sistema, que calcula Red Eléctrica e dos que informa con posterioridade. Porén, si indican a tendencia, é dicir, o que aparece como máis económico segue a ser o máis económico e o que aparece como o máis caro seguirá a ser o máis caro.
Os diferentes tons de verde identifican os prezos máis extremos do día:
- O verde claro identifica as horas máis económicas.
- O verde máis escuro identifica as horas máis caras.
Esta información é útil, pois informa das horas nas que é máis económico empregar a electricidade (p. ex., pór a lavadora, a lavalouza…). Se tes posibilidade de mover os teus usos eléctricos a unha hora ou outra, seguindo este gráfico has sacarlle o máximo partido á tarifa indexada.
As liñas azuis indican as medias:
- A liña azul continua indica a media de prezos do día.
- A liña azul descontinua indica a media de prezos dos últimos sete días. Isto permite saber se, en xeral, os prezos do día son elevados ou non en relación cos últimos sete días. Pode acontecer que, por exemplo, a tendencia de hoxe sexa en xeral máis baixa ca a dos últimos sete días; daquela, tanto os prezos económicos coma os máis caros seguirán a ser menores ca os dos últimos sete días. Naturalmente, tamén pode pasar á inversa.