Traballo en rede
Facémolo
por medio de:
Son acordos que asinamos con entidades da economía social e solidaria, vencelladas ao territorio e que, entre outras cousas, nos ofrecen novos dereitos de consumo. Atoparalos publicados a seguir.
Son acordos de colaboración que asinamos con outras cooperativas para reforzar os nosos obxectivos. Atoparalos publicados a seguir.
Desde Som Energia apoiamos economicamente entidades da economía social e solidaria que teñen como obxectivo principal promover un novo modelo enerxético, a preservación do medio natural e a loita contra o cambio climático e a vulnerabilidade enerxética. Na Asemblea Xeral de Som Energia infórmase sobre as doazóns realizadas.
CRITERIOS
Entidades que promoven un novo modelo enerxético, a preservación do medio natural e a loita contra o cambio climático e a vulnerabilidade enerxética.
Entidades que promoven un novo modelo económico baseado na economía social e cooperativa, a sustentabilidade empresarial e a transformación socioeconómica do territorio.
Entidades en que o modelo de produción e prestación de servizos emprega enerxías limpas, minimiza o impacto ambiental e promove a eficiencia enerxética.
Entidades que se artellan por medio da participación cidadá horizontal e participativa, de xeito que promoven a gobernanza democrática e a toma de decisións colectiva.
Entidades que desenvolven unha actividade económica sen afán de lucro e reinvisten os seus beneficios en proxectos sociais e a mellora comunitaria.
Se tes interese en traballar en rede con Som Energia por medio dalgún destes instrumentos, podes escribir a intercoop@somenergia.coop