POLÍTICA DE PRIVACIDAD DE
SOM ENERGIA
-
RESPONSÁBEL
-
FINALIDADES, LEXITIMACIÓN E Conservación DOS TRATAMENTOS DOS DATOS ENVIADOS A TRAVÉS DE:
-
Formulario de contacto
-
Formulario de rexistro (faite socio/a)
-
Formulario de contratación da luz
-
Envío de correos electrónicos
-
Envío do currículo por correo electrónico ou mediante o formulario aplicar
-
Subscrición á nosa newsletter
-
Deixa o teu comentario (blog)
-
Subscrición noticia
-
Formulario de cambio de titular
-
Formulario de rexistro (forum)
-
Imaxe (fotografías e vídeos de eventos)
-
Participa
-
Formulario de inscrición a concurso
-
Videovixilancia
-
Doazóns
-
Canle ética
-
Formación
-
Oficina Virtual
-
-
DESTINATARIOS DOS TEUS DATOS
-
DEREITOS EN RELACIÓN COS TEUS DATOS PERSOAIS
-
COOKIES
-
SEGURIDADE DOS TEUS DATOS PERSOAIS
-
ACTUALIZACIÓN DOS TEUS DATOS
A confidencialidade e a seguridade son valores primordiais de SOM ENERGIA e, en consecuencia, asumimos o compromiso de garantir a privacidade da persoa Usuaria en todo momento e de non solicitar información innecesaria. A continuación, proporcionámoslle toda a información necesaria sobre a nosa Política de Privacidade en relación cos datos persoais que recollemos, explicándolle:
- Quen é o responsábel do tratamento dos seus datos.
- Para que finalidades recollemos os datos que lle solicitamos.
- Cal é a lexitimación para o seu tratamento.
- Durante canto tempo os conservamos.
- A que destinatarios se comunican os seus datos.
- Cales son os seus dereitos.
1. RESPONSÁBEL – Subir ao índice ↑
SOM ENERGIA, SCCL (F55091367)
C/ Pic de Peguera, nº11
17003 de Girona
gdpr@somenergia.coop
Delegado de protección de datos
Lant Abogados (Lant Advisors, SLP) – somenergia@delegado-datos.com
2. FINALIDADES, LEXITIMACIÓN E CONSERVACIÓN DOS TRATAMENTOS DOS DATOS ENVIADOS A TRAVÉS DE – Subir ao índice ↑
2.1 FORMULARIO DE CONTACTO – Subir ao índice ↑
Finalidade | Facilitarlle un medio para que poida pórse en contacto connosco e contestar as súas solicitudes de información e dúbidas. |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – Consentimento do interesado. |
Conservación | Até que se resolva a súa solicitude por medio do noso formulario ou unha vez contestada por correo electrónico, se non xerou un novo tratamento. |
2.2 FORMULARIO DE REXISTRO (FAITE SOCIO/A) – Subir ao índice ↑
Finalidade | Dalo de alta como persoa socia da entidade, xestionar o pagamento da súa achega e demais tarefas administrativas derivadas da súa alta como socia. Permitirlle o acceso aos servizos reservados ás persoas socias. Remitirlle comunicacións informativas relacionadas co noso ámbito, mesmo por medios electrónicos. |
Lexitimación | RGPD 6.1.b – Execución dun contrato no que o interesado é parte. |
Conservación | Durante a vixencia da relación contractual coa persoa socia e, finalizada esta, durante os prazos esixidos por lei para atender eventuais responsabilidades. |
2.3 FORMULARIO DE CONTRATACIÓN DA LUZ – Subir ao índice ↑
Finalidade | Xestionar a contratación da subministración de luz, dalo de alta como aboado/a e as tarefas administrativas derivadas, realizar estudos dos consumos dos clientes individualmente e por zonas xeográficas, coa finalidade de optimizar os nosos servizos e enviarlle o noso boletín e demais comunicacións informativas e comerciais sobre os nosos produtos, servizos e actividades, mesmo por medios electrónicos. |
Lexitimación | RGPD 6.1.b – Execución dun contrato de compravenda de produtos e/ou de prestación de servizos no que o interesado é parte e RGPD 6.1.f – interese lexítimo en manter os clientes informados sobre os produtos, servizos e actividades da entidade. |
Conservación | Mentres dure a relación contractual e, finalizada esta, durante os prazos de conservación esixidos legalmente para atender eventuais responsabilidades. Envíos comerciais: até que finalice a relación ou até que solicite a baixa dos mesmos. |
2.4 ENVÍO DE CORREOS ELECTRÓNICOS – Subir ao índice ↑
Finalidade | Contestar as súas solicitudes de información, atender as súas peticións e responder as súas consultas ou dúbidas. |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – O consentimento do usuario ao solicitarnos información a través do enderezo de correo electrónico. |
Conservación | Até que estea contestada a súa petición por correo electrónico, se non xerou un novo tratamento. |
2.5 ENVÍO DO CURRÍCULO POR CORREO ELECTRÓNICO OU MEDIANTE O FORMULARIO APLICAR – Subir ao índice ↑
Finalidade | Dispor do teu currículo para participar nos nosos procesos de selección de persoal. |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – O teu consentimento ao remitirnos a súa información persoal e currículo para os nosos procesos de selección de persoal. RGPD 6.1.b Aplicación a petición deste de medidas precontractuais cando se apunte a unha oferta de traballo publicada por Som Energia. |
Conservación | Durante o desenvolvemento dos procesos de selección de persoal abertos e durante 1 ano para futuros procesos, se enviou o seu CV sen inscribirse nunha oferta de traballo concreta. Finalizado o proceso de selección, se se inscribiu nunha oferta de traballo publicada por Som Energia e non consentiu que o conservemos para futuros procesos de selección e durante os prazos de conservación esixidos legalmente para atender eventuais responsabilidades. |
2.6 SUBSCRICIÓN Á NOSA NEWSLETTER – Subir ao índice ↑
Finalidade | Envío do noso boletín comercial, newsletter e de comunicacións informativas e publicitarias sobre os nosos produtos, servizos e eventos que sexan do seu interese, mesmo por medios electrónicos. |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – O consentimento do usuario ao subscribirse aos nosos envíos comerciais e/ou newsletters. |
Conservación | Até que o interesado revogue o consentimento e solicite a baixa do servizo. |
2.7 DEIXA O TEU COMENTARIO (BLOG) – Subir ao índice ↑
Finalidade | Publicar o seu comentario no blog da páxina web e notificarlle por correo electrónico os novos comentarios ou respostas ao comentario realizado se a persoa usuaria elixe esta subscrición. |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – Consentimento do interesado. |
Conservación | Mentres o seu comentario estea publicado no blog da nosa páxina web. |
2.8 SUBSCRICIÓN NOTICIA – Subir ao índice ↑
Finalidade | Notificarlle por correo electrónico os novos comentarios da noticia seleccionada. |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – Consentimento do interesado. |
Conservación | Até que solicite a baixa da subscrición. |
2.9 FORMULARIO DE CAMBIO DE TITULAR – Subir ao índice ↑
Finalidade | Tramitar a nova titularidade do contrato, así como enviarlle o noso boletín, newsletter e demais comunicacións informativas e comerciais sobre os nosos produtos, servizos e eventos, mesmo por medios electrónicos. |
Lexitimación | RGPD 6.1.b – Execución dun contrato de compravenda de produtos e/ou de prestación de servizos e RGPD 6.1.f – interese lexítimo en manter as persoas que teñen a luz contratada coa cooperativa informadas sobre os produtos, servizos e actividades da entidade. |
Conservación | Mentres dure a relación contractual e, finalizada esta, durante os prazos de conservación esixidos legalmente para atender eventuais responsabilidades. Envíos comerciais: até que finalice a relación ou até que solicite a baixa dos mesmos. |
2.10 FORMULARIO DE REXISTRO (FORUM) – Subir ao índice ↑
Finalidade | Dala de alta como persoa usuaria e permitirlle o acceso aos servizos reservados a usuarios rexistrados da nosa web, así como enviarlle comunicacións informativas dos nosos produtos, servizos e eventos, mesmo por medios electrónicos, se marca a casa de aceptación. |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – O consentimento da persoa usuaria cando se rexistra a través do noso formulario de rexistro e marca a casa de aceptación de envío de información. |
Conservación | Até que a persoa rexistrada solicite a súa baixa e posteriormente durante os prazos legalmente previstos. |
2.11 IMAXE (FOTOGRAFÍAS E VÍDEOS DE EVENTOS) – Subir ao índice ↑
Finalidade | Todos os nosos eventos son gravados coa finalidade de promovelos publicando imaxes e/ou vídeos de xeito interno, páxinas web, redes sociais ou outros medios de comunicación (televisión, prensa, blog, etc.). |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – O consentimento da persoa usuaria cando se rexistra a través do noso formulario de rexistro ou cando asiste ao evento organizado. |
Conservación | Mentres estean publicadas nos medios descritos e, posteriormente, como rexistro histórico de campañas publicitarias, eventos e/ou actividades. |
2.12 PARTICIPA – Subir ao índice ↑
Finalidade | Acceso ao espazo virtual da cooperativa para desenvolver ferramentas de participación. |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – O consentimento da persoa usuaria cando utiliza a ferramenta Participa. |
Conservación | Até que a persoa rexistrada solicite a súa baixa e posteriormente durante os prazos legalmente previstos. |
2.13 FORMULARIO DE INSCRICIÓN A CONCURSO – Subir ao índice ↑
Finalidade | Xestionar o sorteo ou concurso e notificación en caso de ser gañador. Uso e publicación da súa imaxe (vídeo de presentación) na páxina web e redes sociais da entidade, tanto como proxecto participante como en caso de ser gañador, con carácter gratuíto, para promover a nosa entidade e os seus proxectos. |
Lexitimación | RGPD 6.1.b – Participación no sorteo e aceptación das bases do concurso. |
Conservación | Mentres dure o sorteo e, rematado este, mentres estea publicada nos medios indicados e sirva á finalidade de promoción. |
2.14 VIDEOVIXILANCIA – Subir ao índice ↑
Finalidade | Garantir a seguridade de todas as persoas que accedan ás nosas instalacións protexidas por sistemas de videovixilancia, así como das propias instalacións. |
Lexitimación | RGPD 6.1.e-f – Interese lexítimo e público en preservar a seguridade das instalacións e as persoas que accedan e se atopen nelas. |
Conservación | Un mes como máximo desde a gravación da imaxe. |
2.15 DOAZÓNS – Subir ao índice ↑
Finalidade | Captación e tramitación de doazóns para os nosos proxectos; execución dos proxectos; envío de información de novos proxectos que requiran doazóns. |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – O teu consentimento, en caso de que sexas doante. Interese lexítimo por manterte informado/a dos proxectos que requiran doazóns. |
Conservación | Durante a tramitación e execución dos proxectos; ata que solicites a baixa das nosas informacións; durante os prazos legalmente previstos. |
2.16 CANLE ÉTICA – Subir ao índice ↑
Finalidade | Pór á túa disposición unha canle para formular denuncias ou pór en coñecemento de Som Energia irregularidades que te poidan afectar. |
Lexitimación | RGPD 6.1.a – O teu consentimento para utilizar a nosa Canle Ética. Directiva (UE) 2019/1937 que regula as liñas éticas. |
Conservación | Mentres dure oproceso derivado da denuncia e, finalizado este, durante os prazos de conservación esixidos legalmente para atender eventuais responsabilidades. |
2.17 FORMACIÓN – Subir ao índice ↑
Finalidade | Xestionar e impartir a formación na que se inscribiu, así como realizar todos os trámites administrativos para a súa execución. Enviarlle información sobre outras formacións que realicemos e que consideremos que poden ser do seu interese. |
Lexitimación | RGPD 6.1.b – Acordo de inscrición na formación. RGPD 6.1.f – Interese lexítimo de mantelo/a informado/a doutras formacións. |
Conservación | Mentras dure a formación impartida. Durante os prazos de conservación esixidos legalmente para atender eventuais responsabilidades e até que solicite a súa baixa das nosas informacións. |
2.18 OFICINA VIRTUAL – Subir ao índice ↑
Finalidade | Xestionar e permitir o teu acceso á Oficina Virtual, espazo onde poderás consultar información sobre a optimización de enerxía, xestionar os contratos e as facturas, e participar en proxectos de produción de enerxía verde. |
Lexitimación | RGPD 6.1.b – Execución do contrato de compravenda de produtos e/ou de prestación de servizos. |
Conservación | Durante os prazos de conservación esixidos legalmente para atender eventuais responsabilidades, mentres dure a relación contractual e tamén cando remate esta. |
Obriga de facilitarnos os teus datos persoais e consecuencias de non facelo.
A subministración de datos persoais require unha idade mínima de 18 anos ou, no seu caso, dispor de capacidade xurídica suficiente para contratar.
Os datos persoais solicitados son necesarios para xestionar as túas solicitudes e/ou prestarche os servizos que poidas contratar, polo que, se non nolos facilitas, non poderemos atenderte correctamente nin prestarche o servizo que solicitaches.
En caso de proporcionar datos persoais de terceiros mediante o formulario de cambio de titularidade, declaras responsabelmente que contas co seu consentimento e que lles proporcionaches toda a información necesaria en relación coas finalidades e a forma en que serán tratados os seus datos persoais.
En todo caso, reservamos para nós o dereito de decidir sobre a incorporación ou non dos seus datos persoais e demais información ás nosas bases de datos.
3. DESTINATARIOS DOS TEUS DATOS – Subir ao índice ↑
Os datos tratados de persoas socias da cooperativa e de persoas ás que se subministra enerxía eléctrica serán comunicados aos seguintes destinatarios:
- Asesoría fiscal e contábel, servizos de xestión da canle ética, rexistros públicos, bancos e caixas de aforro, Administración tributaria, coa finalidade de cumprir coas obrigas legais.
- Empresa distribuidora de enerxía, coa finalidade de prestar o servizo.
- Terceiras entidades ás que sexa preciso comunicar os seus datos para poder prestar os servzos contratados.
- Tamén está prevista a transferencia de datos a terceiros países polo uso de Drive (Google), coa finalidade de copia de seguridade dos datos. A garantía para esta transferencia estableceuse a través de: existencia dunha decisión de adecuación da Comisión. Podes consultar información adicional en: https://policies.google.com/privacy?hl=es.
Do mesmo xeito, do tratamento de datos de persoas socias da cooperativa e persoas ás que se subministra enerxía eléctrica, como de potenciais clientes, tamén está prevista unha transferencia de datos a terceiros países polo uso de Mailchimp, coa finalidade de envío de comunicacións comerciais e recepción de newsletters. A garantía para esta transferencia estableceuse a través de cláusulas tipo de protección de datos. Podes consultar información adicional en: https://mailchimp.com/legal/privacy/.
Os datos e, no seu caso, imaxes que voluntariamente incorpores e indiques no teu perfil serán públicos para o resto dos usuarios da web e membros rexistrados. Do mesmo xeito, tamén serán públicos os teus comentarios, achegas e demais publicacións que realices en PARTICIPA, os nosos foros, blogs e demais seccións habilitadas para tal fin.
4. DEREITOS EN RELACIÓN COS TEUS DATOS PERSOAIS – Subir ao índice ↑
Podes retirar o teu consentimento en calquera momento, cando o outorgaras para o tratamento dos teus datos. En ningún caso a retirada deste consentimento condiciona a execución do contrato de subscrición ou as relacións xeradas con anterioridade.
Igualmente, podes exercer os seguintes dereitos:
- Solicitar o acceso aos teus datos persoais ou a súa rectificación cando sexan inexactos.
- Solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
- Solicitar a limitación do seu tratamento en determinadas circunstancias.
- Solicitar a oposición ao tratamento dos teus datos por motivos relacionados coa túa situación particular e, máis concretamente, podes oporte a que realicemos estudos dos teus consumos.
- Solicitar a portabilidade dos datos nos casos previstos na normativa.
- Outros dereitos recoñecidos nas normativas aplicables.
Onde e como solicitar os teus dereitos: Mediante un escrito dirixido ao responsábel ao seu enderezo postal ou electrónico (indicados na sección A), indicando a referencia «Datos Persoais», especificando o dereito que se quere exercer e respecto a que datos persoais.
En caso de diverxencias coa entidade en relación co tratamento dos teus datos, podes presentar unha reclamación ante a Autoridade de Protección de Datos (www.aepd.es).
5. ‘COOKIES’ – Subir ao índice ↑
Esta páxina web utiliza cookies técnicas, de personalización, de análise e publicitarias, propias e de terceiros que tratan datos de conexión e/ou do dispositivo, así como hábitos de navegación para fins estatísticos e publicitarios.
Por iso, cando accedeu á nosa web, en cumprimento do artigo 22 da Lei de Servizos da Sociedade da Información, cando tratamos as cookies mencionadas, solicitámosche o teu consentimento para o seu uso e facilitamos información sobre as mesmas.
6. SEGURIDADE DOS TEUS DATOS PERSOAIS – Subir ao índice ↑
Co obxectivo de salvagardar a seguridade dos teus datos persoais, informámoste de que adoptamos todas as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais subministrados da súa alteración, perda e tratamentos ou accesos non autorizados.
7. ACTUALIZACIÓN DOS TEUS DATOS– Subir ao índice ↑
É importante que, para que poidamos manter os teus datos persoais actualizados, nos informes sempre que houbese algunha modificación neles; en caso contrario, non respondemos da veracidade dos mesmos.
Non nos facemos responsábeis da política de privacidade respecto aos datos persoais que poidas facilitar a terceiros por medio das ligazóns dispoñíbeis na nosa páxina web.
A presente Política de Privacidade pode ser modificada para adaptala aos cambios que se produzan na nosa web, así como modificacións lexislativas ou de xurisprudencia sobre datos persoais que vaian aparecendo, polo que esixe a súa lectura, cada vez que nos facilites os teus datos a través desta web.
Última actualización: 31 de octubre de 2023